Supaṇṇa saṃyutta
O Supaṇṇa saṃyutta ou Discursos sobre os garuḍas é un texto budista do canon pali. Trátase do trixésimo saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga. O seu contido refírese aos garuḍas, unhas deidades con forma de paxaro da mitoloxía budista.[1][2][3]
Supaṇṇa saṃyutta | |
---|---|
Lingua | Pali |
Colección | Canon pali |
Tema(s) | Budismo |
Precedido por | Nāga saṃyutta (Discursos sobre os nāgas) |
Seguido por | Gandhabbakāya saṃyutta (Discursos sobre os gandhabbas) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estrutura editar
Situación no canon pali editar
O Supaṇṇa saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados.[4] Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka ("Cesto dos suttas"), o segundo conxunto de textos do canon pali.[4]
En concreto, o Supaṇṇa saṃyutta atópase entre o Nāga saṃyutta (Discursos sobre os nāgas) e o Gandhabbakāya saṃyutta (Discursos sobre os gandhabbas).[4]
Composición editar
O libro está composto dun total de corenta e seis suttas.[3] Os suttas do 4 ao 6, do 7 ao 17 e do 17 ao 46 están abreviados nun único discurso.[3] Os seus títulos son os seguintes:[3]
Numeración | Título |
---|---|
1 | Suddhika sutta |
2 | Haranti sutta |
3 | Dvayakārī sutta |
4-6 | Dutiyādidvayakārīsuttattika |
7-16 | Aṇḍajadānūpakārasuttadasaka |
17-46 | Jalābujadānūpakārasuttattiṃsaka |
Contidos editar
Resumo editar
O Supaṇṇa saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos garuḍas, un tipo de deidade aviaria da mitoloxía budista.[5] Na obra, o Buda explica o nacemento destas criaturas e a súa xerarquía, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas.[3]
Nacemento dos garuḍas editar
Segundo o texto, os garuḍas nacen de catro maneiras posibles: a partir de ovos, dun útero, da humidade, ou por xeración espontánea.[6]
Notas editar
- ↑ "Supaṇṇasaṃyuttaṃ - Khandhavagga - Saṃyutta - Sutta - Tipiṭaka (Mūla) - Pāḷi Tipiṭaka (Pali Tipitaka)". tipitaka.online-dhamma.net. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Samyutta Nikaya - Tibetan Buddhist Encyclopedia". tibetanbuddhistencyclopedia.com. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Index to SN 3.30: The Supanna Samyutta Suttas". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Index of the Vaggas and Their Samyuttas of the Samyutta Nikaya". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Supaṇṇa saṁyutta". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Saṁyutta nikāya, 30.1". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-19.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Supaṇṇa Saṃyutta(Sutta Central)