Nāga saṃyutta
O Nāga saṃyutta ou Discursos sobre os nāgas é un texto budista do canon pali. Trátase do vixésimo noveno saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga.[1][2][3] O seu contido refírese aos nāgas, unhas deidades con forma de serpe da mitoloxía budista.
Nāga saṃyutta | |
---|---|
Volumes dunha edición canon pali | |
Lingua | Pali |
Colección | Canon pali |
Tema(s) | Budismo |
Precedido por | Sāriputta saṃyutta (Discursos sobre Sāriputta) |
Seguido por | Supaṇṇa saṃyutta (Discursos sobre os garuḍas) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estrutura editar
Situación no canon pali editar
O Nāga saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados.[4] Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka ("Cesto dos suttas"), o segundo conxunto de textos do canon pali.[4]
En concreto, o Nāga saṃyutta atópase entre o Sāriputta saṃyutta (Discursos sobre Sāriputta) e o Supaṇṇa saṃyutta (Discursos sobre os garuḍa).[4]
Composición editar
O libro está composto dun total de cincuenta suttas.[3] Os suttas do once ao vinte, e do vinte e un ao cincuenta están abreviados nun único discurso.[3] Os seus títulos son os seguintes:[3]
Numeración | Títulos |
---|---|
1 | Suddhika sutta |
2 | Paṇītatara sutta |
3 | Uposatha sutta |
4 | Dutiyauposatha sutta |
5 | Tatiyauposatha sutta |
6 | Catutthauposatha sutta |
7 | Suta sutta |
8 | Dutiyasuta sutta |
9 | Tatiyasuta sutta |
10 | Catutthasuta sutta |
11-20 | Aṇḍajadānūpakārasuttadasaka |
21-50 | Jalābujādidānūpakārasuttattiṃsaka |
Contidos editar
Resumo editar
O Nāga saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos nāgas, un tipo de deidade serpentina da mitoloxía budista.[5] Na obra, o buda explica o nacemento destas criaturas e a súa xerarquía, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas.[3]
Nacemento dos nāgas editar
Segundo o texto, os nāgas nacen de catro maneiras posibles: a partir de ovos, dun útero, da humidade, ou por xeración espontánea.[6] Isto permite clasificalos en catro ordes, da máis limitada (nados a partir de ovos) á máis libre (nados por xeración espontánea).[3][7] Estes últimos son descritos coma felices, fermosos e de longa vida.[8]
Notas editar
- ↑ "Nāgasaṃyuttaṃ - Khandhavagga - Saṃyutta - Sutta - Tipiṭaka (Mūla) - Pāḷi Tipiṭaka (Pali Tipitaka)". tipitaka.online-dhamma.net. Consultado o 2024-02-18.
- ↑ "Samyutta Nikaya - Tibetan Buddhist Encyclopedia". tibetanbuddhistencyclopedia.com. Consultado o 2024-02-18.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Index to SN 3.29: The Naga Samyutta Suttas". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-18.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Index of the Vaggas and Their Samyuttas of the Samyutta Nikaya". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-18.
- ↑ "Naga Samyutta". Sutta Central (en inglés). Consultado o 2024-02-18.
- ↑ "Saṃyutta nikāya, 29.1". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-18.
- ↑ "Saṃyutta nikāya, 29.2". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-18.
- ↑ "Saṃyutta nikāya, 29.21-29.50". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-18.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Nāga Saṃyutta (Sutta Central)