Sudán nos Xogos Olímpicos

O Sudán participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1960, e dende entón competiu na maioría dos Xogos Olímpicos de Verán. O país non asistiu aos Xogos de 1964 e boicoteou os de 1976 e 1980. O Sudán nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno.

Sudán nos Xogos Olímpicos

Código COI SUD
Comité nacional Comité Olímpico do Sudán
Medalleiro
Ouro
0
Prata
1
Bronce
0
Total
1

Ismail Ahmed Ismail converteuse no primeiro deportista sudanés en gañar unha medalla olímpica, cando obtivo a prata na proba de 800 m nos Xogos de 2008 en Pequín.

O Comité Olímpico Nacional do Sudán foi creado en 1956 e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1959.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Roma 1960 10 0 0 0 0
  Toquio 1964 non participou
  Cidade de México 1968 5 0 0 0 0
  Múnic 1972 26 0 0 0 0
  Montreal 1976 non participou
  Moscova 1980 non participou
  Os Ánxeles 1984 5 0 0 0 0
  Seúl 1988 8 0 0 0 0
  Barcelona 1992 6 0 0 0 0
  Atlanta 1996 4 0 0 0 0
  Sydney 2000 3 0 0 0 0
  Atenas 2004 5 0 0 0 0
  Pequín 2008 9 0 1 0 1 70
  Londres 2012 6 0 0 0 0
  Río de Xaneiro 2016 6 0 0 0 0
  Toquio 2020 5 0 0 0 0
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 0 1 0 1 127

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Atletismo 0 1 0 1
Total 0 1 0 1

Lista de medallistas editar

Medalla Nome Xogos Deporte Proba
  Prata Ismail Ahmed Ismail   Pequín 2008   Atletismo 800 metros masculino

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar