Su Friedrich, nada en New Haven (Connecticut) o 12 de decembro de 1954,[1] é unha directora de cinema de vangarda, produtora, guionista e directora de fotografía estadounidense.

Infotaula de personaSu Friedrich
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónOberlin College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , montador , director de fotografía Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton Editar o valor em Wikidata
RepresentanteLight Cone (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websufriedrich.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0295453 Allocine: 18867 Allmovie: p198532 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Su Friedrich naceu en 1954. A súa nai era alemá e chegou aos Estados Unidos co pai de Friedrich, que estaba a traballar en Alemaña como G.I. nesa época.[2] Friedrich estudou na Universidade de Chicago (1971–72) e no Oberlin College (1972–1975) onde recibiu unha licenciatura en arte e historia da arte. Vive e traballa en Brooklyn e é profesora do Center for the Creative and Performing Arts da Universidade de Princeton,[3] onde dá clases de cinema e produción de vídeo dende 1998.

Carreira editar

Os filmes de Friedrich adoitan combinar elementos narrativos, documentais e experimentias e habitualmente céntrase nos papeis das mulleres, a familia e a homsexualidade nos Estados Unidos contemporáneos.[4] Dende o inicio da súa carreira a finais da década de 1970, Friedrich foi unha figura líder no cinema de vangarda e unha forza central no establecemento do Queer Cinema. A súa obra radicalizou a forma e o contido dos filmes incorporando unha perspectiva feminista e temas sobre a identidade lésbica e creando unha síntese salientable e innovadora dos xéneros experimental, narrativo e documental. Os filmes de Friedrich son multilingües, movéndose entre o persoal e o político, dende filmes autobiográficos sobre a familia á investigación dos conceptos da sociedade sobre a identidade sexual. A súa paleta cinematográfica inclúe filmes caseiros, material de arquivo, entrevistas e narracións guionizadas.

Friedrich recibiu o Cal Arts Alpert Award das artes[5] e bolsas da Rockefeller Foundation e da John Simon Guggenheim Memorial Foundation, así como do New York State Council on the Arts, a New York Foundation for the Arts, o Independent Television Service e a Jerome Foundation. Os seus filmes recibiron numerosos premios.[6]

A filmografía de Su Friedrich consérvase no Academy Film Archive.[7] O arquivo incluíu Cool Hands, Warm Heart en 2019.[8]

Filmografía editar

Ano Título Lonxitude Formato Cor Son
1978 Hot Water 12 min super-8 branco e negro sonoro
1979 Cool Hands, Warm Heart 16 min 16mm branco e negro mudo
1979 Scar Tissue 6 min 16mm branco e negro mudo
1980 I Suggest Mine 6 min 16mm branco e negro e cor mudo
1981 Gently Down the Stream 14 min 16mm branco e negro mudo
1982 But No One 9 min 16mm branco e negro mudo
1985 The Ties That Bind 55 min 16mm branco e negro sonoro
1987 Damned If You Don't 42 min 16mm branco e negro sonoro
1990 Sink or Swim 48 min 16mm branco e negro sonoro
1991 First Comes Love 22 min 16mm branco e negro sonoro
1993 Rules of the Road 31 min 16mm cor sonoro
1993 Lesbian Avengers Eat Fire, Too 60 min vídeo cor sonoro
1996 Hide and Seek 65 min 16mm branco e negro sonoro
1999 Being Cecilia 3 min vídeo cor sonoro
2002 The Odds of Recovery 65 min 16mm cor sonoro
2004 The Head of a Pin 21 min vídeo cor sonoro
2005 Seeing Red 27 min vídeo cor sonoro
2008 From the Ground Up 54 min vídeo cor sonoro
2013 Gut Renovation 81 min vídeo cor sonoro

Notas editar

  1. "Summary of Su Friedrich, Su Friedrich website". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  2. Su Friedrich, interview, in Scott MacDonald, A Critical Cinema 2: Interviews with Independent Filmmakers, Berkeley: University of California Press, 305.
  3. "Su Friedrich". Lewis Center for the Arts (en inglés). Consultado o 2017-03-12. 
  4. Lynn Bell, Su Friedrich, Senses of Cinema, website
  5. "Su Friedrich | The Herb Alpert Award in the Arts". herbalpertawards.org. Consultado o 2017-03-12. 
  6. "Peter S. Reed 2000". www.petersreedfoundation.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 2017-03-12. 
  7. "Su Friedrich Collection". Academy Film Archive. 
  8. "Preserved Projects". Academy Film Archive. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar