Stevan Jelovac

baloncestista serbio

Stevan Jelovac, nado o 8 de xullo de 1989 en Novi Sad e finado o 5 de decembro de 2021 en Novi Sad, foi un xogador serbio de baloncesto profesional.

Stevan Jelovac
Información persoal
Nacemento 8 de xullo de 1989
Iugoslavia Novi Sad
Falecemento 5 de decembro de 2021 (32 anos)
Novi Sad
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 110 kg (243 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Elección: Sen draftear
Carreira 2008–2021
Historial de equipos
KK Vizura (2008–2009)
Mega Vizura (2009–2010)
Crvena zvezda (2010)
Mega Vizura (2010–2011)
Antalya BB (2011–2012)
JuveCaserta (2012–2013)
Lietuvos rytas (2013–2014)
CAI Zaragoza (2014–2017)
Nizhny Novgorod (2017–2018)
Brose Bamberg (2018–2019)
Gaziantep (2019–2020)
San-en NeoPhoenix (2020–2021)
AEK Atenas (2021)

Traxectoria profesional editar

O 4 de xullo de 2014, Jelovac asinou un contrato dun ano co CAI Zaragoza da Liga ACB.[1] O 13 de xuño de 2015, asinou de novo co Zaragoza por unha tempada máis.[2] En xullo de 2016, uniuse ós Dallas Mavericks para a Liga de Verán da NBA de 2016.[3] O 27 de xullo de 2016, Jelovac renovou o seu contrato co Zaragoza para unha terceira tempada.[4]

O 23 de agosto de 2021, Jelovac asinou co AEK Atenas BC grego. O 14 de novembro de 2021, durante un adestramento, sufriu unha hemorraxia cerebral.[5][6] Jelovac faleceu o 5 de decembro de 2021 tras complicacións derivadas da hemorraxia cerebral.[7][8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar