Softastur é unha asociación sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é o fomento da lingua asturiana nas novas tecnoloxías, concretamente no ámbito do Software libre.

Softastur
Tipoorganización sen ánimo de lucro
Data de fundación6 de xuño de 2003
Nº de membros15 Editar o valor em Wikidata
PremiosPremiu Andres Solar
SedeAsturias
Na rede
http://www.softastur.org/
editar datos en Wikidata ]

A asociación confórmana voluntarios, principalmente programadores informáticos, filólogos, deseñadores e profesores de lingua asturiana. Softastur ofrece soporte técnico e documentación gratuíta aos usuarios de Software libre.

No ano 2008, Softastur recibiu o premio Andrés Solar, que entrega a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (en galego Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana), polo seu traballo de inclusión do asturiano nas novas tecnoloxías, e especialmente por facilitar a dispoñibilidade de Ubuntu, primeiro sistema operativo en lingua asturiana.

Historia editar

As orixes de Softastur remóntanse ao 2002. Ese mesmo ano, o 5 de xullo, anunciábase a tradución de Mozilla 1.0, o primeiro navegador en asturiano. Ao ano seguinte (2003) xorde a idea de formar unha comunidade para a tradución e a coordinación deste tipo de software. A comunidade crece de xeito progresivo até o ano 2007, cando as achegas son xa significativas e o número de proxectos que se coordinan experimenta un notábel aumento. Softastur centra o seu traballo na tradución de Ubuntu e en 2009 a comunidade convértese de facto xa nunha asociación.

No ano 2010, un membro de Canonical Ltd. desprázase a Asturias e cualifica a versión Lucid Lynx en lingua asturiana como completa[1].

Actualidade editar

Na actualidade Softastur traballa na implantación do corrector ortográfico Aspell dentro do sistema operativo Ubuntu. Entre os feitos máis salientábeis da asociación até o de agora, atópase o acordo de colaboración no proxecto Termast[2][3], centro encargado da coordinación xeral de terminoloxía especialidada en asturiano, asinado coa Academia de la Llingua Asturiana.

En febreiro de 2010, Softastur completou o traballo de tradución de OpenOffice[4], a primeira suite ofimática en lingua asturiana.[5] E para alén diso, tamén se fixo o lanzamento da rede social Ximielga.me [6].

Proxectos e grupos de tradución editar

Notas editar