Joomla! é un sistema de administración de contidos código aberto baixo PHP que é utilizado para publicar en Internet e en intranets. Este sistema utilízase cunha base de datos MySQL. Joomla! contén utilidades como feed RSS, blogs e foros, entre outras.

Joomla!
Desenvolvedor(es)Open Source Matters
Publicación inicial17 agosto 2005
Última versión5.1.0
(16 abril 2024[1])
Repositoriogithub.com/joomla/joomla-cms
Escrito enPHP, JavaScript
Sistema operativoMicrosoft Windows, Unix-like
Plataforma/sCMS
Lingua/sVarias
Galego: OK (Joomla 3)
LicenzaLicença Pública Geral GNU, versão 2.0 ou posterior
Sitio webhttps://www.joomla.org

O seu nome é unha pronunciación fonética da verba suahili jumla que vén a dicir todos xuntos.

A primeira versión do Joomla! (Joomla! 1.0.0) foi publicada no 16 de setembro do 2005. Tratábase dunha versión mellorada do Mambo 4.5.2.3 mesturada con outras modificacións de seguridade e anti-bugs. Posteriormente, os programadores publicaron Joomla! 2.0 baixo un código completamente reescrito e construído baixo PHP 5.

Joomla! esta publicado baixo unha licenza GNU GPL.

Extensións editar

Unha das melloras que ten este CMS é a gran cantidade de extensións programadas que fan tódolos usuarios, e que fan crecer as posibilidades do Joomla! con novas características que se integran de xeito sinxelo no programa. Por exemplo o bot Wikibot[2] permite crear automaticamente de xeito dinámico e sen intervención humana hipeligazóns nos contidos da web que ligan cara artigos da Wikipedia, sempre que existan.

Joomla! en galego editar

O galego é unha das traducións oficiais de Joomla! desde a versión 1.5.11 (2009-06-05). A tradución de dita versión oficial está a ser mantida por Proxecto Trasno.

Notas editar

  1. "Release 5.1.0". 16 abril 2024. 
  2. "WikiBot version history". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2006. Consultado o 23 de agosto de 2006. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.