Siempre supe que volvería a verte, Aurora Lee
Siempre supe que volvería a verte, Aurora Lee é unha novela escrita polo autor español Eduardo Lago publicada en 2013. Trátase da segunda novela do autor, logo de Llámame Brooklyn e foi traducida a varias linguas.
Siempre supe que volvería a verte, Aurora Lee | |
---|---|
Autor/a | Eduardo Lago |
Cuberta | Pascal Perich |
Orixe | España |
Lingua | Castelán |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Malpaso Ediciones |
Data de pub. | outubro de 2013 |
Páxinas | 286 |
ISBN | ISBN 978-84-15-99600-2 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse editar
A un escritor pantasma encárganlle ó mesmo tempo escribir a biografía dun millonario e facer un informe que descubra a novela que se agocha tras The Original of Laura de Nabokov. Trátase de mergullarse nun texto incompleto e inzado de incertezas que o fillo do escritor, contradicindo os desexos deste, acabou publicando en 2009. O narrador, que acaba de abandonar o xornalismo, séntese abraiado polo texto -en realidade, un conxunto de 138 fichas, moitas delas esquemáticas ou incomprensibles- e busca un "escritor pantasma" para que lle axude a "desenguedellar a matriz" da novela, o que, coma nas obras anteriores de Lago, constitúe unha indagación sobre un texto literario.