Shavo Odadjian

músico estadounidense

Shavarsh "Shavo" Odadjian (en armenio: Շավարշ Օդաջյան), coñecido como Shavo Odadjian, nado en Iereván (Armenia) o 22 de abril de 1974, é un baixista estadounidense, que toca na banda de metal alternativo System of a Down.

Infotaula de personaShavo Odadjian

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hy) Շավարշ Օդաջյան Editar o valor em Wikidata
22 de abril de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Iereván Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbaixista , compositor , disc-jóckey , guitarrista , músico , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorSystem of a Down
Achozen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, heavy metal tradicional (pt) Traducir, Metal alternativo e música hip hop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua armenia e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBaixo e guitarra Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1052997 Facebook: officialshavo Twitter: officialsHaVo Instagram: shavoodadjian MySpace: shavo000 Musicbrainz: e68f2984-b0e9-42d7-b132-9570b7c75e29 Songkick: 2353518 Discogs: 525811 Allmusic: mn0000015560 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Odadjian mudouse xa de novo aos Ánxeles (California), onde foi criado en gran parte pola súa avoa. Logo da morte desta, perdeu a fe e deixou de rezar todas as noites como facía antes. Estudou no Alex Pilibos & High School dos Ánxeles, unha escola Armenia na que tamén estudaron os seus futuros compañeiros Serj Tankian e Daron Malakian, aínda que en diferentes graos pola diferenza de idades.

Medrou facendo skateboarding e baixo a influencia de bandas de punk rock e heavy metal como The Punk Angle, Dead Kennedys, KISS, e Black Sabbath, entre outras; creando unha grande influencia no seu desenvolvemento musical do futuro.

Á parte de traballar nun banco, tamén comezou a manexar a banda Soil, na que estaban Malakian e Tankian en 1993, logo de coñecelos nun estudo de gravación, onde o estaba gravando coa súa banda de entón. En 1995, Shavo convértese no baixista permanente da banda, á que chamaron System of a down.

Ademais, Odadjian é un DJ popular na área dos Ánxeles baixo o pseudónimo de DJ Tactic. Declarándose a si mesmo como "unha persoa moi visual", tamén dirixiu vídeos musicais para System of a down ("Aerials", "Toxicity" e "Question!"), e Taproot, creando atmosferas surreales e usando inovadores métodos de filmación.

Shavo fixo unha pequena aparición no filme do 2001, Zoolander, como un dos amigos de Hansel. O seu actor favorito é Christopher Walken e tamén declara estar fascinado co ocultismo, principalmente en forma de películas.

Shavo era orixinalmente un guitarrista, e admite ser mellor na guitarra que no baixo. De feito, foi o guitarrista de Soil por un pequeno período. Usualmente toca o baixo cunha puga, pero pode vérselle de cando en vez empregando os seus dedos.