Serj Tankian

músico estadounidense

Serj Adam Tankian (en armenio: Սերժ Թանգեան), nado en Beirut (Líbano) o 21 de agosto de 1967, é un cantante de rock de orixe armenio-estadounidense. Serj figura no posto 26 na lista dos "100 mellores vocalistas do Metal de tódolos tempos", segundo a revista estadounidense Hit Parader[1].

Infotaula de personaSerj Tankian

(2017) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Serj Tankian
(hyw) Սերժ Թանգեան Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) سيرج تانكيان Editar o valor em Wikidata
21 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Líbano Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónRose and Alex Pilibos Armenian School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , baixista , guitarrista , letrista , produtor musical , violinista , teclista , pianista , poeta , activista pola paz , ensaísta , compositor de cancións , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo, Nu metal, música pop, Ópera e techno Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua armenia e árabe Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono lírico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

InstrumentoTeclado, piano, guitarra, voz, Sampler, baixo, Theremin, Harmónica e escaleta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSerjical Strike Records (pt) Traducir
Columbia Records
American Recordings
Reprise Records
Axis of Justice Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Páxina webserjtankian.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1413742 Rottentomatoes: celebrity/serj_tankian_2
Facebook: SerjTankian Twitter: serjtankian Instagram: serjtankian MySpace: serjtankian Youtube: UCaiQD1j4sHOtRJJXP4vZjlQ Souncloud: serjtankian Spotify: 0BEI7i5sgUuivcfwXLzFmM iTunes: 82647909 Last fm: Serj+Tankian Musicbrainz: e471b63c-c3b5-4f62-a971-cd0b2273838f Songkick: 582183 Discogs: 153410 Allmusic: mn0000743175 Deezer: 16998 Genius: Serj-tankian Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus avós eran armenios. A raíz do xenocidio armenio levado a cabo por Turquía en 1915 a súa avóa foi asasinada e o seu avó tivo que refuxiarse no Líbano. Os pais de Tankian eran artistas, el comezou a cantar co seu pai e o seu irmán Sevag. Dende neno o seu avó contáballe as inhumanidades que se cometeron no seu país e que terminaron coa vida de moitas persoas inocentes ademais dos seus parentes, quen nunca esquecerán o feito atroz que trocou para sempre as súas vidas. É por iso que Tankian dende sempre recalcou nese tema e loitou para que Turquía recoñeza e pida desculpas pola matanza.

Ós 8 anos Tankian viaxou coa súa familia a Estados Unidos debido a problemas no Líbano e á situación económica. Tankian comezou a estudar nunha escola privada armenia chamada Rose & Alex Pilibos Armenian School', nos Ánxeles. Foi alí onde coñeceu ó seu amigo Daron Malakian quen tampouco pasaba por un bo momento. Pasou o tempo e Tankian comezou a traballar nun lavado de automóbiles. Logo entrou á Universidade de Northridge (California) onde estudou comercio, artes visuais e música. Tankian toca teclados e ás veces guitarra. Tomou cursos de canto con Mark Goodman.

Co paso dos anos Tankian e Malakian atopáronse nunhas salas de ensaio onde se uniron e formaron un grupo musical chamado Soil. Logo reuníronse con outros dous músicos, chamados Shavo e John, con quen formaron o grupo System of a Down (debido a un poema feito por Malakian chamado Victims of a Down en honra ás vítimas do xenocidio armenio).

Serj pode ser considerado unha persoa de extrema capacidade mental e visual, sendo un activista/poeta/letrista/músico moi activo. Ademais do seu traballo en System of a Down, Tankian comezou tamén o seu propio selo discográfico en abril do 2001, chamado Serjical Strike, nun esforzo de ceibar outro tipo de música esquecida pola corrente dominante. A primeira actuación neste selo foi un proxecto de música experimental co seu amigo e músico Arto Tuncboyaciyan chamado Serart. Recentemente creou, xunto con Tom Morello de Audioslave, un programa de radio e unha organización activista independente, chamada Axis of Justice. Escribiu un libro de poesías chamado "Cool Gardens", que foi publicado por MTV Books.

En solitario editar

Para o 23 de outubro de 2007 sacou o seu primeiro álbum en solitario, Elect the Dead, do cal xa se pode escoitar os seus singles, "The Unthinking Majority", "Empty Walls", e "Saving Us".

Notas editar

  1. "Copia da lista en hearya.com". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2019. Consultado o 19 de outubro de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar