Sentinel-6
Copernicus Sentinel-6 Michael Freilich é unha das misións Sentinel do Programa Copérnico da ESA.[1] É un intento de substituír o altímetro de alta precisión do satélite Jason-3. Servirá para medir a topografía dos océanos a nivel mundial vía satélite, traballo que se leva facendo dende 1992[2] e é unha indicador clave do cambio climático, e moi interesante para estudos oceanográficos. Traballa en conxunto con servizos como o Copernicus Climate Change Service (C3S) para proporcionar unha visión máis completa e precisa dos cambios nos océanos e o clima da Terra.
Sentinel-6 Michael Freilich | |
---|---|
Sentinel-6 Michael Freilich; lanzamento por un SpaceX. | |
Tipo | Satélite de observación da Terra |
Fabricante | Airbus Defence and Space |
Organización | ESA / NASA / NOAA / EUMETSAT / NGA |
Contratistas principais | Thales Alenia Space |
Bus | Proteus |
Sobrevoo de | Órbita terrestre baixa |
Destino actual | Órbita terrestre baixa |
Satélite de | Terra |
Órbitas | Terra |
Data de lanzamento | 21 de novembro de 2020 |
Sitio de lanzamento | Complexo de Lanzamento Espacial 4E, Base Aérea de Vandenberg, California, EUA |
Duración da misión | Planeado para 5 anos |
Obxectivo da misión | Medición do nivel do mar global |
NSSDC ID | 2020-088A |
COSPAR | 2020-088A |
Masa | 1.192 kg |
Dimensións | 3.9 x 2.2 x 2.2 m |
Potencia | 1100 W |
Datos orbitais | |
Órbita de referencia | Órbita terrestre baixa |
Semieixo maior | 7,713.8 km |
Excentricidade | Próxima a 0 (órbita circular) |
Inclinación | 66.04 graos |
Altura orbital | 1336 km |
Período orbital | Aproximadamente 112 minutos |
Aterraxes planetarias | |
Planeta | Terra |
https://sentinel-6.esa.int/ | |
O nome editar
Michael Freilich contribuíu a que a NASA tivera colaboracións sólidas con científicos e axencias espaciais de todo o mundo. Foi un namorado da oceanografía e das ciencias da Terra.[2]
Datos editar
O seu lanzamento produciuse o 21 de novembro de 2020 ás 17:17 GMT, dende Vandenberg, California, nun SpaceX Falcon 9 e provisto dos instrumentos altímetro radar Poseidon-4 (sucesor dos Poseidon dos Jason) de frecuencia dual C e Ku, e un radiómetro microondas.[3]
Ten prevista unha vida útil de ao menos 10 anos. A súa altitude orbital será 1336 km, en órbitas cunha inclinación de 66 º, co que cubrirá o 95 % dos océanos cada 10 días. Traballará en tandem co Jason 3, significando unha necesidade de aproximación da posición na órbita de 30 s como máximo, isto é, 230 km de variación.[4] Sentinel-6 transporta un paquete de instrumentos de posicionamento, incluído un sistema que pode usar sinais tanto de GPS como de Galileo para o seu posicionamento.[5]
A súa masa é de 1,2 toneladas.
Secuencia tras o lanzamento editar
O seu lanzamento produciuse o 21 de novembro de 2020 ás 17:17 GMT (18:17 CET), e 2 minutos e 16 segundos despois apagouse o motor principal. Seguiu de xeito inmediato a separación da segunda etapa e o primeiro encendido do segundo motor. Despois, a primeira etapa da lanzadeira reusable Falcon 9 comezou o regreso automático á base para a súa aterraxe controlada.[6]
Ós 3 minutos, tras protexer o satélite ó atravesar a atmosfera, o cono de morro do vehículo de lanzamento separouse como refugallo.
Ós 8 minutos produciuse o apagado do motor da segunda etapa.
Ós 53 minutos foi o primeiro rearranque da segunda etapa durante 15 segundos.
Ós 58 minutos separouse o satélite.
Á 1 hora e 7 minutos comezou o despregue dos paneis solares.
Á 1 hora e 33 minutos (19:49 CET) foi o primeiro contacto coas estacións terrestres de Alasca. Comezo do funcionamento normal coa baixada de datos de telemetría.
Funcionamento editar
O 30 de novembro, o centro de operacións da ESA en Alemaña puxo en marcha o Poseidon-4, comezando a tomar medidas do nivel do mar (altimetría mariña).[5]
Con posterioridade, poucos días despois,fíxose cargo da xestión EUMETSAT.
O satélite usa o sistema de posicionamento europeo Galileo e o GPS dos EEUUpara mellorar o seu posicionamento e polo tanto, o resultado das súas medicións. O satélite usa dous aparellos 'Receptor Preciso de Determinación de Órbita' (Precise Orbit Determination Receiver, PODRIX) do tamaño dunha caixa de zapatos, fabricados por RUAG Space en Austria. O receptor contén a cuarta xeración do do circuíto integrado de aplicación específica avanzado GPS/Glonass (Advanced GPS/GLONASS Application Specific Integrated Circuit, AGGA-4) construído por Airbus co soporte da sección de microelectrónica da ESA.[7]
Xestión editar
A ESA desenvolveu o altímetro radar de Poseidon-4 e todo o satélite Sentinel-6 Michael Freilich de Copernicus por conta da Comisión Europea e Eumetsat.
A propiedade foi transferida á Comisión Europea ó engalar. A ESA ocúpasese da órbita temperá e da planificación da verificación en órbita, así como do apoio ás operacións de voo de Eumetsat.
Eumetsat é responsable do desenvolvemento da parte terrestre e das operacións despois das fases de lanzamento e órbita temperá, procesado de datos e subministración de servizos e produtos para Europa.
A NASA responde do lanzamento, desenvolvemento do radiómetro de microondas, o retrorreflector láser e o receptor de ocultación de radio GNSS, a máis do apoio en terra e as operacións e procesamento de datos nos Estados Unidos.
A NASA e a NOAA comparten responsabilidade para distribuír produtos de datos nos Estados Unidos.[2]
Notas editar
- ↑ "Vandenberg Air Force Base, California". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-22.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Lanzado el nuevo satélite de Copernicus que vigilará la subida del nivel del mar". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-22.
- ↑ "Sentinel-6". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-20.
- ↑ "Mission control ready for Sentinel liftoff". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-20.
- ↑ 5,0 5,1 "Los primeros resultados del satélite de vigilancia del nivel del mar superan las expectativas". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-10.
- ↑ "Sigue en directo: lanzamiento de Sentinel-6 Michael Freilich de Copernicus". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-22.
- ↑ "Galileo enhancing Sentinel-6’s sea level monitoring mission". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-15.