Ryan Reid

baloncestista estadounidense

Ryan Rupert Reid, nado o 30 de outubro de 1986 en Lauderdale Lakes, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Ryan Reid
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 30 de outubro de 1986 (37 anos)
Lauderdale Lakes, Florida
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Boyd Anderson
(Lauderdale Lakes, Florida)
Universidade Florida State (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 57
Por Indiana Pacers
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Tulsa 66ers (2010-2011)
Oklahoma City Thunder (2011-2012)
Tulsa 66ers (2012)
Mets de Guaynabo (2012)
Chorale Roanne (2012-2014)
SLUC Nancy (2014–2015)
Niigata Albirex BB (2015–2016)
Shimane Susanoo Magic (2016–2017)
St. John's Edge (2018)
Kanazawa Samuraiz (2018-2019)

Traxectoria profesional editar

Reid era elixible automaticamente para o Draft da NBA de 2010 tras rematar os catro anos de universidade. Os Oklahoma City Thunder foron o único equipo NBA que o viron traballar antes do draft.[1] Foi en cambio elixido polos Indiana Pacers na 57ª posición e os seus dereitos foron traspasados inmediatamente aos Thunder a cambio dos dereitos de Magnum Rolle, a elección número 51.[2] A súa elección foi considerada unha sorpresa no draft xa que algúns analistas non consideraban que estivera no top 100 de eleccións para o draft.[3] En cambio, os Thunder estaban xa impresionados coas habilidades defensivas de Reid e o seu traballo, e decidiron darlle unha oportunidade.

Xogou na Summer League de 2010 en Orlando cos Thunder. Xogou en catro partidos, acadando 8.3 puntos e 3.8 rebotes en 16.0 minutos por partido.[4] Con todo, non recibiu ningunha oferta de contrato nin invitación para o Training Camp dos Thunder para a tempada 2010-11.[5] O 26 de novembro de 2010, foi fichado polos Tulsa 66ers, o afiliado da D-League dos Thunder.

O 21 de marzo de 2012, foi cortado polos Thunder tras pasar de novo polos Tulsa 66ers.[6] Volveu aos 66ers o 23 de marzo de 2012.

Notas editar

  1. Carter, Andrew (16 de xullo de 2010). "Florida State's Ryan Reid goes on improbable journey from role player to NBA Draft pick". Orlando Sentinel. Tribune Company. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  2. "Thunder Acquires Pleiss, Williams, Reid and Future First Round Pick in 2010 NBA Draft". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 24 de xuño de 2010. Consultado o 25 de xuño de 2010. 
  3. Biderman, David (14 de xullo de 2010). "Meet the Nba's Non-LeBron". The Wall Street Journal. Dow Jones & Company, Inc. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  4. "2010 NBA Summer League Statistics – Ryan Reid". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  5. "Thunder open training camp". USA Today. Gannett Co, Inc. 28 de setembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  6. "Thunder Signs Derek Fisher". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar