A cidade de Orlando é a sede do Condado de Orange e é cidade central da zona metropolitana do mesmo nome, así como tamén cabeceira da rexión coñecida como Florida Central, no estado de Florida, no sueste dos Estados Unidos. Segundo o censo estadounidense do ano 2000, a cidade tiña unha poboación de 185.951 (a poboación na área metropolitana é de 1.644.561). Un conteo local da poboación en 2003 deu o resultado de 199.336. É a sexta cidade máis grande de Florida e a cidade non costeira máis grande. É ademais a cabeceira da terceira área metropolitana máis grande do estado, detrás de Miami-Fort Lauderdale e Tampa, Florida-San Petersburgo.

Modelo:Xeografía políticaOrlando, Florida
Imaxe

AlcumeThe City Beautiful Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aOrlando Reeves Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°32′01″N 81°23′12″O / 28.5336, -81.3867Coordenadas: 28°32′01″N 81°23′12″O / 28.5336, -81.3867
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Orange (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación307.573 (2020) Editar o valor em Wikidata (997,29 hab./km²)
Número de fogares113.238 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaGrande Orlando (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:2.673.376) Editar o valor em Wikidata
Superficie308,41 km² Editar o valor em Wikidata
Auga6,9 % (2020) Editar o valor em Wikidata
Altitude34 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación31 de xullo de 1875 (Xuliano)Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Orlando, Florida (en) Traducir Editar o valor em WikidataBuddy Dyer (pt) Traducir (2003–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32825 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico321 e 407 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Belén
Qiryat Motzkin (pt) Traducir
Cali
Vientiane
Tainan (1982–)
Guilin (pt) Traducir (1986–)
Urayasu (1989–)
Sena e Marne (1991–)
Reykjanesbær (pt) Traducir (1991–)
Monterrey (1995–)
Curitiba (1996–)
Oremburgo (pt) Traducir (1997–)
Valladolid (2006–)
Volgogrado (2008–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webcityoforlando.net Editar o valor em Wikidata
Facebook: visitorlando Twitter: citybeautiful Instagram: visitorlando Youtube: UCTOsxjDi8Wow6xhEbGvVugA Editar o valor em Wikidata

A cidade é moi coñecida polas súas atraccións turísticas, particularmente polo Walt Disney World Resort. Outras atraccións son SeaWorld e o Universal Orlando Resort. O centro da cidade de Orlando, máis coñecido coma Downtown Orlando, foi obxecto de continua reestruturación, a pesar de estar afastada das principais atraccións turísticas. É sede de Orlando Sentinel, un dos periódicos máis grandes do estado, e dos Orlando Magic, equipo profesional de baloncesto da NBA.

O seu actual alcalde é Buddy Dyer.

Historia editar

Algúns historiadores datan o nome de Orlando sobre o ano 1836, cando un soldado chamado Orlando Reeves faleceu na área, durante a guerra contra a tribo de indios Seminola. Porén, parece ser que Orlando Reeves traballaba nunha plantación preto de 48 km ao norte e os primeiros poboadores atoparon o seu nome escrito nunha árbore e asumiron que era a situación da súa tumba. Referíanse polo tanto á área coma a "Tumba de Orlando" e logo simplemente "Orlando".

Durante moito tempo Orlando foi unha zona rural cuxa principal actividade económica era a gandería. Durante o último cuarto do século XIX, converteuse en parte importante da produción de cítricos no estado de Florida, ata que en 1895 unha onda de frío devastou moitas plantacións, o que fixo que moitos se trasladasen ao sur.

Durante a Guerra Hispano-Estadounidense, Orlando converteuse na provincia non costeira máis grande de Florida.

Nos anos da segunda guerra mundial, un número do persoal do exército instalouse na zona que actualmente ocupa o Aeroporto Internacional de Orlando. Algúns destes oficiais quedaron e fixaron a súa residencia na zona. En 1956, a compañía aeroespacial e de defensa Martin Marietta (agora Lockheed Martin) estableceu unha planta en Orlando.

O evento máis importante na economía de Orlando ocorreu en 1965 cando Walt Disney anunciou os seus plans para a construción de Walt Disney World. O famoso parque temático abriu en outubro de 1971, o que propiciou un crecemento económico e demográfico na zona metropolitana de Orlando, a cal expándese polos condados de Orange, Seminole, Osceola e Lake. Como consecuencia disto, o turismo converteuse no eixo central da economía de Orlando.

En 2004, os furacáns Charley, Frances e Jeanne golpearon a cidade, causando múltiples danos e inundacións, prexudicando o turismo na área.

Clima editar

 
Lago Eola, localizado no "downtown" da cidade.

Orlando ten un clima subtropical, sendo moi raro atoparnos con temperaturas por debaixo do punto de conxelación. Case nunca neva. A súa temperatura récord máis alta é 38 °C (100 °F), alcanzada por última vez o 3 de xullo de 1998. A súa temperatura mínima récord é -7 °C (19 °F), alcanzada por última vez o 20 de xaneiro de 1985. A última nevada rexistrada foi o 23 de decembro de 1989.

A media anual de choiva é 1.198,1 mm. A tempada chuviosa é de xuño a setembro con frecuentes treboadas. A estación seca é entre decembro e maio, o cal dá pé a ocasionais incendios forestais.

Autoestradas editar

A súa estrada principal é a interestatal 4, que cruza a Florida's Turnpike, a cal é outra autoestrada importante; ambas comezan no sur de Florida.

A East West Expressway (SR 408) está a ser mellorada dende o ano 2005 coa construción de carrís adicionais, muros de formigón e mellorando o seu deseño.

Economía editar

Como é de imaxinar, unha gran parte da economía de Orlando débese á industria turística. O turismo nos arredores de Orlando está valorado en millóns de dólares. O turismo doméstico e internacional durante o ano 2004 foi de 48 millóns de visitantes. A industria das convencións tamén ten un papel importante debido á proximidade das atraccións. O Centro de Convencións do Condado de Orange é un dos complexos máis grandes nos Estados Unidos. O Aeroporto Internacional de Orlando é un dos máis activos do mundo.

Á parte do turismo, tamén existen outras industrias, cunha grande presenza de fábricas de manufactura. Lockheed Martin ten unha grande instalación para aeronáutica e investigacións de alta tecnoloxía, debido á proximidade de Orlando co Centro Espacial Kennedy da NASA. A área tamén alberga moitas firmas de software e hardware que están localizadas aquí dende os anos 70 e 80, como IBM. Outra área que tamén está medrando rapidamente é a industria do cine, impulsada pola presenza dos Estudios Universal e os Estudios Disney-MGM. Numerosos complexos de oficinas para grandes corporacións desenvolvéronse ao longo do corredor da autoestrada interestatal, ao norte de Orlando.

Algunhas compañías que teñen a súa sede central ou presenza significativa na área son:

  • AirTran
  • Albertsons
  • B.IB. Consultants, Inc.
  • EA Games
  • IBM
  • Lockheed-Martin
  • Loews Hotels
  • Marriott International
  • Oracle Corporation
  • Supermercados Publix
  • Siemens AG, Siemens Westinghouse
  • Sprint Corporation
  • Banco SunTrust Bank
  • Tupperware Corporation
  • Estudios Universal
  • Walt Disney World
  • Westgate lakes resort.
  • World Wrestling Entertainment (WWE)

Universidades editar

Entre outras institucións de instrución avanzada, a zona metropolitana de Orlando é o fogar da Universidade Central de Florida, a sexta universidade máis grande dos Estados Unidos.

Cidades irmandadas editar

Sena y Marne, Anaheim e Urayasu están conectadas con Orlando coma sede de Parques temáticos de Disney (Disneyland Resort Paris, Disneyland Resort e Tokyo Disneyland, respectivamente).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar