Romaric Belemene

baloncestista congoleño

Judicaël Romaric Belemene Dzabatou, máis coñecido como Romaric Belemene, nado o 19 de febreiro de 1997 en Pointe-Noire é un xogador profesional de baloncesto congolés que xoga no Cáceres Patrimonio de la Humanidad da Liga LEB Ouro. Xoga na posición de ala.

Romaric Belemene
Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Información persoal
Nacemento 19 de febreiro de 1997 (27 anos)
Congo Pointe-Noire, R. Congo
Nacionalidade Congo República do Congo
Altura 2,02 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Carreira desde 2013
Historial de equipos
Unicaja Málaga (2013–2018) ACB
Clínicas Rincón (2013–2016) LEB Ouro
ICL Manresa (2016–2017) ACB
Oviedo (2017–2018) LEB
Cafés Candelas Breogán (2018–2019) ACB
Legia Warszawa (2019–2020) PLK
Melilla Baloncesto (2020) LEB
Básquet Coruña (2020–2021) LEB
Cáceres CB (2021–presente) LEB

Traxectoria editar

Nado en Pointe-Noire (República do Congo), Belemene comezou a súa carreira no baloncesto como adolescente no Campus de Serge Ibaka.[1] Con catroce anos asinou polo Unicaja Málaga, xogando nas categorías inferiores do club malagueño. Tras varios anos de formación, en 2013 pasa a formar parte do filial do equipo. Na súa primeira temporada, en liga EBA, fai unha media de 9,3 puntos e 5,6 rebotes por partido. Ao ano seguinte seguinte aumenta as súas prestacións ao chegar aos 13,8 puntos e 9,8 rebotes por partido.[2] Na campaña 2014−15 debuta en LEB Prata, debutando tamén co primeiro equipo na máxima categoría, a Liga ACB. O seu debut en ACB sería o 19 de outubro de 2014 ante o La Bruixa d'Or Manresa no Palacio de Deportes Martín Carpena.[3] Na temporada seguinte, de novo co Clínicas Rincón en LEB Prata, anotou 14,9 puntos e capturou 5,6 rebotes por partido en 34 aparicións.[4]

Na temporada seguinte foi considerado candidato para o Draft da NBA 2016, aínda que declinou participar finalmente.[5] No verán dese mesmo ano asina unha cesión por dous anos co ICL Manresa en ACB. Na temporada 2016−17 xoga 30 encontros, onde fai unha media de 3 puntos e 2 rebotes en 10 minutos por encontro. Ao acabara temporada non segue no equipo de ACB e vai cedido de novo, esta vez ao Oviedo de LEB. No club asturiano fai unha media de 9,2 puntos e 4,4 rebotes por encontro en liga regular. Tras finalizar a temporada volve a máxima categoría asinando polo Club Baloncesto Breogán, esta vez como axente libre.

O 28 de xullo de 2020, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Club Básquet Coruña da Liga LEB.[6]

Clubs editar

Notas editar

  1. "Partnership with Bàsquet Manresa". Serge Ibaka Foundation. 
  2. "Belemene, Romaric - Adidas Next Generation Tournament". Adidas NGT. 
  3. "Romaric Belemene en ACB.com". Liga ACB. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  4. "Federación Española de Baloncesto - Competiciones FEB". FEB. 
  5. "Thirty-three international early-entry candidates withdraw from Draft". NBA. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2019. Consultado o 01 de agosto de 2018. 
  6. Romaric Belemene, novo xogador de Leyma Coruña

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar