Rodríguez-Méndez
escultor galego
Carlos Rodríguez Méndez, coñecido como Rodríguez-Méndez, nado en Tortoreos (As Neves) en 1968, é un escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Tortoreos, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Rodríguez-Méndez |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Familia | |
Irmáns | Xosé Manuel Rodríguez Méndez |
Traxectoria editar
Licenciado pola Facultade de Belas Artes de Universidade Complutense de Madrid en 1999. Presentou proxectos expositivos no CA2M de Móstoles, S.M.A.K. e Vooruit Arts Centre de Gante, Centro Galego de Arte Contemporánea, IVAM, La Casa Encendida de Madrid, e individualmente no S.M.A.K. de Gante, Matadero Madrid, Instituto Cervantes de Madrid, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e Fundación Yaddo de Nova York.
Traballa en proxectos nos que implica diferentes linguaxes á marxe da influencia do espazo expositivo e que analizan os principios materiais da escultura e da experiencia esencial e física do home.