Móstoles é un concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 206.031 habitantes (INE 2012). É o segundo concello da Comunidade con maior número de habitantes despois da capital e o terceiro da zona central de España (Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha) despois de Madrid e Valladolid. Recentemente adoptou a Lei de grandes cidades. Nel se encontra o campus tecnolóxico, a sede central da Universidade Rei Xoán Carlos e a sede central das BESCAM (Brigadas Especiais da Comunidade de Madrid). É ademais unha das cidades máis limpas de España, premiada coa "vasoira de prata".

Modelo:Xeografía políticaMóstoles
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°20′00″N 3°52′00″O / 40.3333, -3.8667Coordenadas: 40°20′00″N 3°52′00″O / 40.3333, -3.8667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
CapitalMóstoles Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
El Soto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación211.265 (2023) Editar o valor em Wikidata (4.657,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie45,36 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Guadarrama Editar o valor em Wikidata
Altitude620 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataNoelia Posse Gómez (2018–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2893 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico(+34) 916 e (+34) 91 Editar o valor em Wikidata
Código INE28092 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmostoles.es Editar o valor em Wikidata

Bandeira e escudo editar

A bandeira inclúe as seguintes cores: dende unha perspectiva actual, aparece o vermello, que simboliza a pertenza á Comunidade de Madrid; o azul Prusia, símbolo de identidade dos mostoleños e de pertenza á Unión Europea; e o amarelo-gualda (ouro), que expresa a prosperidade, como anhelo dos veciños procedentes de diversas rexións españolas que estableceron a súa residencia na cidade na década dos setenta do pasado século.

Extensión e poboación editar

 
Evolución demográfica de Móstoles (1900-2005)
  • 216.463 habitantes (INE 2006). Superando a capitais de provincia como Tarragona ou San Sebastián.
  • O termo municipal ten unha extensión de 45 km².
  • Densidade de poboación: 4.665,6 hab/km²
  • A maior parte da poboación agrúpase en torno ó casco urbano de Móstoles.
  • Xentilicio: mostoleños, mostolenses ou mostoleros.
Poboación
Distrito Habitantes
Centro 52.000
Norte-Universidade 60.000
Sur-Leste 54.000
Oeste 40.000
Coimbra-Guadarrama 10.000
TOTAL 216.000

Distritos editar

  • Centro: abrangue o centro da cidade, basicamente o casco urbano. Ten unha poboación duns 52.000 habitantes.
  • Norte-Universidade: na zona norte do concello. Inclúe barrios como Los Rosales, Estoril II, Iviasa, Princesa e Parque Vosa. A poboación é de 60.000 habitantes.
  • Sur-Este: comprende barrios como Villafontana, Estoril I, Cerro Prieto, Pinar de Móstoles, La Loma etc. cunha poboación duns 54.000 habitantes.
  • Oeste: os principais barrios son os do Souto, Azorín, San Fernando, Hospital e Pinares llanos. Ten 40.000 habitantes aproximadamente.
  • Coimbra-Guadarrama: abrangue a zona de Parque Coimbra e Guadarrama. É o distrito menos poboado, con 10.000 habitantes, pero é o que maior crecemento ten.

Localización editar

Atópase a 18 quilómetros ó sueste de Madrid, forma parte da área metropolitana da capital. É a capital da Zona Sur da comarca Área Metropolitana de Madrid, a cal se divide en 5 zonas. A zona Sur da comarca comprende á parte da Móstoles como capital a: Álcorcón, Aranjuez, Ciempozuelos, Fuenlabrada, Xetafe, Humanes de Madrid, Leganés, Parla, Pinto, San Martiño de la Vega e Valdemoro. Tamén é capital do Sur de Madrid, que comprende a zona Sur do Área Metropolitana e as comarcas Conca do Alberche, Conca do Teixo e Sur.(esta última capitalidade non oficial disputada con Xetafe).

As súas coordenadas xeográficas son 40º 20' latitude norte, 3º 52' lonxitude oeste.

Limita ó norte e oeste co de Villaviciosa de Odón, ó nordeste co de Alcorcón, ó leste co de Fuenlabrada, ó sur cos de Arroyomolinos e Moraleja de Enmedio e ó sueste co de Navalcarnero.

Distancias editar

Transportes editar

En coche editar

  • Autovía de Estremadura A-5 (Madrid-Badaxoz-Lisboa)
  • Autoestrada M-50
  • Autoestrada de peaxe R-5
  • Autovía M-506 a Pinto
  • Estrada M-501 a Alcorcón
  • Estrada M-856 a Villaviciosa

En metro editar

Metro (liña 12 ou Metrosur), con cinco estacións:

  • Universidade Rei Xoán Carlos
  • Móstoles Central
  • Pradillo
  • Hospital de Móstoles
  • Manuela Malasaña

En tren editar

Tren de proximidades C-5 (Móstoles-Atocha-Fuenlabrada/Humanes), con dúas estacións:

  • Móstoles (Móstoles Central para o metrosur)
  • Móstoles El Soto

En autobús editar

Ofrécense liñas urbanas, interurbanas, nocturnas e de longo percorrido a localidades de Toledo: Talavera de la Reina, Mérida, Cáceres, Badaxoz; Barcelona e Zaragoza.

En avión editar

Está situado a uns 32-35 quilómetros do aeroporto internacional de Madrid-Barajas.

Poboacións irmandadas editar

Clima editar

A localidade goza dun clima mediterráneo, sendo as súas temperaturas medias máximas 38º en verán e 14º en inverno, e as súas mínimas 15º en verán e 2º en inverno. A precipitación anual media é de aproximadamente 420 milímetros, as épocas máis chuviñosas son a primavera e o outono.

Infraestrutura editar

  • Universidade Rei Xoán Carlos: en Móstoles se encontra a sede central desta universidade, a Escola Superior de Ciencias Experimentais e Tecnoloxía (ESCET) cos os departamentos de informática, estatística e telemática: tecnoloxía química ambiental e dos materiais; ciencias experimentais e de enxeñería.
  • Universidade Nacional de Educación a Distancia
  • Centro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Repsol.
  • Hospital Xeral Universitario: pertencente ó Servizo Madrileño da Saúde.
  • Centro Base de discapacitados: xestionado pola Comunidade de Madrid
  • Sede central das BESCAM: policía autonómica da Comunidade de Madrid (CAM).
  • Xulgados municipais
  • Parque de bombeiros
  • Xefatura Provincial de Tráfico (JPT): centro de exames de Móstoles.
  • Escola Oficial de Idiomas (EOI)
  • Centros de xuventude
  • Centros comerciais
  • Teatro: conta co segundo escenario máis grande de España despois do Teatro Real de Madrid.
  • Estadio El Soto: alberga o equipo de fútbol Club Deportivo Móstoles. Foi fundado en 1955 e ten unha capacidade para 14.000 asistentes.
  • Estadio Andrés Torrejón: alberga o equipo de fútbol PSG Móstoles Fútbol Sala. Foi fundado en 1989.
  • Praza de touros
  • Biblioteca municipal
  • Conservatorio Rodolfo Halffter
  • Centros culturais
  • Polideportivos
  • Cemiterio Vello e Novo

Lugares de lecer e de interese editar

Edificios relixiosos editar

  • Igrexa da nosa Señora da Asunción: É o edificio máis antigo de Móstoles. Consérvanse un ábsida semicircular de estilo mudéxar e unha torre do mesmo estilo.
  • Ermida da nosa Señora dos Santos: consta dunha soa nave e ten un fermoso retablo do século XVIII (restaurado en 2005) a cuxos lados están as imaxes modernas do sagrado corazón de Xesús e María. Contén tamén espellos do século XVII, cornucopias, cadros de marcos tallados e un gran decorado. A Virxe dos Santos (patroa de Móstoles) está situada nun camarín. Existe tamén unha figura de barro que representa a San Xoán e o Neno Xesús, da escultora Luísa Roldan (A Roldana)

Edificios civís editar

  • Casa-Museo de Andrés Torrejón: é a casa onde viviu e morreu o famoso alcalde de Móstoles, é unha pequena casa de época decorada con elementos do século XIX ó estilo antigo.
  • Casa de Posas: albergará o Museo da Cidade e a sede Móstoles 1808-2008 con motivo do bicentenario do levantamento contra os franceses.
  • La Casona: terá proximamente o Centro de Arte Contemporánea máis importante da Comunidade de Madrid.
  • Teatro del Bosque: de recente construción, posúe un estilo moderno deseñado por Javier Mariscal, con grandes estruturas metálicas onde medran arbustos e montañas de céspede no exterior. Conta co segundo escenario máis grande de España. Á parte de representacións teatrais tamén se celebra o Festival Internacional de Cine de Comeda e entréganse os premios Cidade de Móstoles.
  • Casa do concello

Monumentos e esculturas editar

  • Praza do Pradillo: se atopan as principais e máis importantes esculturas, entre elas destacan:
  • A Fonte dos peixes: é considerado o quilómetro 0 da cidade. A fonte, con dous peixes de bronce, de cuxa boca mana a auga, foi inaugurada na primavera de 1852.
  • Monumento a Andrés Torrejón: Foi inaugurado en 1908 polo rei Afonso XIII, con motivo de se cumpri-lo primeiro centenario do levantamento do Dous de Maio de 1808 en Madrid e o bando dos alcaldes de Móstoles. O monumento ten unha base de granito sobre a que repousa un anaco de montaña de rocha de Segovia. Isto representa os Pireneos. Por encima do peñón traspón unha aguia imperial, a aguia francesa con grandes ás, querendo cubri-la nosa nación, ó mesmo tempo que cunha das súas poutas pretende arrancar a coroa real do escudo de España. Ó pé do canón aparece, pequena pero airosa, a estatua do alcalde de Móstoles. Ó lado, un xinete ó galope. É o postillón que leva apresurado o célebre parte da independencia ou bando, cuxo texto figura nunha placa de bronce.
  • Homenaje ós escritores máis importantes: na parte superior do pórtico situado na Praza do Pradillo hai diversos retratos dos escritores máis importantes.
  • Fonte e escultura ó titiritero: áchase na Praza da Cultura.
  • Glorieta do 2 de Maio: rende homenaxe á muller traballadora
  • Porta de Madrid: posúe un estilo moderno e áchase no barrio de 'Los Rosales'.
  • Glorieta heroes da liberdade: fai homenaxe a tódalas vítimas do terrorismo xunto á placa que se encontra no 'Parque Galicia'.
  • Xardín dos planetas: un parque onde se poden atopar diversas esculturas que representan ós planetas.

Parques e zonas verdes editar

  • Parque Natural do Soto: o máis grande de Móstoles. Ademais é coñecido internacionalmente porque nel se realizou durante varios anos ata o 2004 o Festival de Madrid de Música Alternativa, máis coñecido como FESTIMAD.
  • Parque Liana: é o segundo máis grande, e xunto co anterior, son considerados os pulmóns da cidade.
  • Parque Prado Ovejero
  • Parque Galicia
  • Parque La Mancha
  • Parque Andalucía
  • Parque lineal Arroyo del Soto
  • Vía verde do río Guadarrama:é a plataforma dunha antiga liña ferroviaria que conectaba a capital con Almorox; actualmente as vía non se conservan, pero si unha preciosa ponte de ferro que cruza o río Guadarrama.

Prazas e avenidas editar

  • Praza do Pradillo: é a principal e a máis coñecida de Móstoles. Atópase no centro urbano. (Véxase 'monumentos e esculturas').
  • Praza de España: nela atópase a Casa do concello. Está adornada con bonsais xigantes traídos dende o Xapón.
  • Praza da Cultura: outra das prazas que se atopan no casco urbano. Aquí se encontra o Centro da Cultura e a escultura do titiritero.
  • Avenida de Portugal: é a principal arteria da cidade.
  • Avenida da Constitución: comunica a Avda. Portugal coa Pza. Pradillo. As principais tendas se atopan nesta avenida.
  • Avenida do Dous de Maio: xunto coa anterior, encóntrase no centro e é unha das principais para ir de compras.

Lecer e lugares comerciais editar

As zonas onde hai máis ambiente nocturno están situadas en Princesa, zona do Hospital e en menor medida a zona denominada Estoril.

Limítrofe a Móstoles áchase o centro comercial e o maior parque de neve artificial de Europa Madrid Xanadú, aínda que pertence á localidade de Arroyomolinos.

O Centro Comercial Aberto Las Avenidas é un conxunto de rúas comerciais que se encontra no centro histórico.

A nivel deportivo podemos atopar os campos de fútbol Iker Casillas, os polideportivos de Andrés Torrejón, Los Rosales ou o de Villafontana e a piscina cuberta Las Cumbres, onde se encontra un centro de spa. Móstoles ten un equipo de fútbol sala, PSG FS Móstoles, un equipo feminino de fútbol sala e un equipo de atletismo..

Festas editar

A festa principal é o 12 de setembro, día da Vrxe dos santos, patroa de Móstoles. As festas do 2 de maio celébranse como conmemoración do Dous de maio de 1808 (comezo da Guerra da Independencia tralo Bando dos alcaldes de Móstoles). Sendo asumida e festexada por toda a Comunidade de Madrid dende o ano 1985. A festa do 15 de Maio e a festa da auga ten a súa orixe na que se celebraba o 28 de xuño con motivo da traída da auga a Móstoles pola Canle de Isabel II, en 1980. Posteriormente se trasladou ó 15 de maio, a facendo coincidir coa festa de San Isidro en Madrid.

Tamén existen festas por barrios ou distritos.

Tradicións editar

  • Representación tradicional conmemorativa dos feitos de maio de 1808. Cada 2 de maio represéntase en Mostoles os feitos que acaecieron en Madrid e en Mostoles en torno a aquel dúas de maio de 1808. A cargo de máis de 300 veciños membros de asociacións e penas, ataviados con traxes de época e dirixidos por Miguel Neto, represéntase na praza de touros o acaecido na vila de Madrid aquel aciago día, así como os días previos e posterior ó mesmo en Mostoles.
  • Durante as festas do Nadal, é costume facer unha representación dun Belén vivente na Pza. Ernesto Peces.

Economía editar

 
Universidade Rei Xoán Carlos

É unha cidade que durante as tres últimas décadas foi cidade dormitorio de Madrid pero que actualmente se converteu en centro neurálxico económico e demográfico do sur de Madrid. Móstoles ten varios polígonos industriais: Arroyomolinos, La Fuensanta, Regordoño, Los Rosales, Las Nieves e Expansión. Tamén con zonas industriais dispersas: Las Pajarillas, Las Monjas e Móstoles Industrial. Actualmente en construción o polígono industrial de La Fuensanta II.

En case tódolos casos está formado por medianas e pequenas empresas e a actividade económica predominante é a electro-sidero-metalúrxica, pero tamén é importante a industria téxtil. Conta cunha delegación municipal de promoción económica e emprego, cuxo obxectivo é facilita-lo asentamento de industrias no concello.

Na actualidade están en construción dous rañaceos que se situarán no PAU-4 (Móstoles Sur ou Manuela Malasaña), estes terán entre 40 e 50 plantas e albergará oficinas, pretende incrementa-la superficie dispoñible no concello, ademais de se erixir como símbolos do novo Móstoles e a coroa metropolitana sur. Algo moi positivo para o concello é a recente posta en funcionamento da Universidade Rei Xoán Carlos, así como a implantación do Centro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Repsol no futuro Móstoles Tecnolóxico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar