Robin Stjernberg
Robin James Olof Stjernberg, nado en Hässleholm o 22 de febreiro de 1991, máis coñecido como Robin Stjernberg, é un cantante sueco. Representou a Suecia no Festival de Eurovisión 2013 o 18 de maio de 2013 en Malmö, Suecia, coa canción "You". Stjernberg comezou a súa carreira musical na boyband What's Up! e en solitario no talent-show Idol no 2011, quedando segundo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1991 (33 anos) Hässleholm, Suecia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2006 - |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua sueca e lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Lionheart Music Group |
Participou en | |
2013 | Festival de Eurovisión 2013 |
Páxina web | robin-stjernberg.se |
Dende o inicio da súa carreira, Stjernberg publicou dous álbums de estudio en solitario: My Versions (2012) e Pieces; un álbum de estudio xunto á banda What's Up! chamado In Pose (2007); e un EP chamado For the Better (2013).
Traxectoria editar
2006-11: What's Up! editar
Stjernberg gañou o Sommarchansen en Malmö en 2006. En 2007 formou parte nun evento no Globe Theater onde 15 finalistas formarían parte dunha boyband. El foi un dous catro escollidos para formar a banda, chamada What's Up!. Os outros finalistas que formaron parte da banda foron Eric Saade, Luwdig "Ludde" Keijser e Johan Yngvesson. Cando Eric Saade deixou a banda, este foi remplazado por Johannes Magnusson. A banda lanzou o álbum In Pose, conseguindo un posto 40 na Swedish Albums Chart. Dous dos sinxelos estiveron na Sverigetopplistan, a lista musical de sinxelos oficial de Suecia, chamados "Go Girl!" conseguindo un 5º posto e "If I Told You Once" conseguindo un 16º posto. Stjernberg foi o segundo membro de What's Up! que representou a Suecia no Festival de Eurovisión após que Eric Saade representara a Suecia no Festival de Eurovisión 2011 na Alemaña.
2011-13: Idol e My Versions editar
Stjernberg formou parte na tempada de 2011 da versión sueca do talent-show Idol, logrando quedar no segundo posto do talent-show.
Actuacións editar
- Audición: Who You Are de Jessie J
- 26 de setembro de 2011 (Cuartos de final): Breakeven de The Script
- 30 de setembro de 2011 (Semi-final): Animal de Neon Trees
- 7 de outubro de 2011 (Top 11): California King Bed de Rihanna
- 14 de outubro de 2011 (Top 10): Alla Vill Till Himmelen Men Ingen Vill Dö de Timbuktu
- 21 de outubro de 2011 (Top 9): Halo de Beyoncé
- 28 de outubro de 2011 (Top 8): When a Man Loves a Woman de Percy Sledge
- 4 de novembro de 2011 (Top 7): Who You Are de Jessie J
- 11 de novembro de 2011 (Top 6): Reach Out, I'll Be There de The Four Tops
- 18 de novembro de 2011 (Top 5): Bohemian Rhapsody de Queen e Pride (In the Name of Love) de U2
- 25 de novembro de 2011 (Top 4): Let Me Entertain You de Robbie Williams e You Raise Me Up de Josh Groban
- 2 de decembro de 2011 (Top 3): Dedication to My Ex (Miss That) de Lloyd e Love Is Gone de David Guetta e Chris Willis
- 9 de decembro de 2011 (Final): In My Head de Jason Derulo, Halo de Beyoncé e All This Way, canción da final de Idol.
Quedou segundo conseguindo o 48% dos votos, gañando así Amanda Fondell cun 52%.
Despois de Idol, lanzou o seu primeiro sinxelo "All This Way" o 2 de decembro de 2011. A canción, tamén cantada pola gañadora Amanda Fondell nunha versión diferente, foi escrita e producida polo concursante da tempada de 2004 de Idol Darin Zanyar entre outros. Stjernberg firma co selo Lionheart Music Group no 2011.
Lanzou a súa propia compilación das súas actuacións no Idol My Versions o 4 de xaneiro do 2012. O primeiro sinxelo oficial do álbum foi a súa versión da canción de Beyoncé, "Halo".
2013: Melodifestivalen e Festival de Eurovisión editar
Stjernberg formou parte no Melodifestivalen 2013 coa canción "You". El actuou na cuarta semi-final o día 23 de febreiro do 2013 no Malmö Arena en Malmö. E gaña a final o día 9 de marzo do 2013, conseguindo así, representar a Suecia no Festival de Eurovisión 2013, conseguindo neste un 14º posto con 62 puntos.
En abril de 2013, Stjernberg sacaba o EP For the Better de forma dixital, que contía cancións como: "You", "Beautiful" ou "Rule the World".[1]
2013-actualidade: For the Better e Pieces editar
Robin lanzou o seu primeiro álbum non-cover "Pieces" o 26 de xuño do 2013, no que incluía a canción You e os seus outros sinxelos; Scars e Crime.
En novembro de 2013, o grupo alemá Cascada, que representou a Alemaña no Festival de Eurovisión 2013, públicou unha versión a dúo entre a vocalista do grupo e Robin Stjernberg da canción "You" que posteriormente entraría no álbum do grupo alemá Acoustic Sessions.[2]
O 11 de xuño de 2014 Robin lanza un novo sinxelo chamado Body Language. O sinxelo conseguiu o número 1 do Swedish iTunes chart.
Discografía editar
Álbums editar
Título | Detalles do álbum | Posición nas listas | Certificación |
---|---|---|---|
SUE [3] | |||
My Versions |
|
1 | |
Pieces |
|
2 | Ouro |
EPs editar
Título | Detalles do EP |
---|---|
For the Better[4] |
|
Sinxelos editar
Ano | Sinxelo | Posición nas listas | Álbum | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
SUE [3] |
AUS [5] |
IRL [6] |
NED [7] |
UK [8] | |||||||||||||
2011 | "All This Way" | — | — | — | — | — | My Versions | ||||||||||
2012 | "Halo" | — | — | — | — | — | |||||||||||
"On My Mind""[9] | — | — | — | — | — | Pieces | |||||||||||
"Scars"[10] | — | — | — | — | — | ||||||||||||
2013 | "You" | 1 | 61 | 31 | 42 | 72 | |||||||||||
"Crime"[11] | — | — | — | — | — | ||||||||||||
"Pieces" | — | — | — | — | — | ||||||||||||
2014 | "Thunderbolt" (feat. Ktree & Flo Rida)[12] | — | — | — | — | — | Non-álbum | ||||||||||
"Body Language"[13] | 1 | — | — | — | — | ||||||||||||
2015 | "Let Me Dance With You" | — | — | — | — | — | |||||||||||
"Locked Into You" | — | — | — | — | — | ||||||||||||
"—" denota que non conseguiu entrar nas listas. |
Galería editar
-
Robin, 2013
-
Robin, 2013
-
Robin no Festival de Eurovisión 2013
-
Presentación de "You" en Eurovisión (inglés)
-
Robin, 2013
-
Robin na rolda de prensa de Eurovisión
-
Robin na rolda de prensa de Eurovisión
Notas editar
- ↑ "ROBIN STJERNBERG PUBLICA ” FOR THE BETTER” SU PRIMER EP" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 5 de maio de 2015.
- ↑ ESCToday (ed.). "Germany: Cascada releases You featuring Robin Stjernberg" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Discography Robin Stjernberg". swedishcharts.com/.
- ↑ "iTunes - Music - For the Better - EP by Robin Stjernberg". iTunes. Consultado o 17 de setembro 2014.
- ↑ "Discographie Robin Stjernberg". austriancharts.at/.
- ↑ "Discography Robin Stjernberg". irish-charts.com/.
- ↑ "Discografie Robin Stjernberg". dutchcharts.nl/.
- ↑ "Robin Stjernberg > UK Charts". Official Charts Company.
- ↑ "iTunes - Music - On My Mind - Single by Robin Stjernberg". iTunes. Consultado o 17 de setembro 2014.
- ↑ "iTunes - Music - Scars - Single by Robin Stjernberg". iTunes. Consultado o 17 de setembro 2014.
- ↑ "Lionheart Music Group - Robin Stjernberg". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2014.
- ↑ "ROBIN STJERNBERG TEAMS UP WITH KTREE & FLORIDA ON THUNDERBOLT" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 25 de marzo de 2015.