Richard Simmons
Milton Teagle "Richard" Simmons, nado o 12 de xullo de 1948, é un instrutor de fitness, actor e produtor de vídeos estadounidense. É coñecido polos seus programas de perda de peso, sendo a máis importante a liña Sweatin' to the Oldies de vídeos de aeróbic.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Milton Teagle Simmons 12 de xullo de 1948 (75 anos) Nova Orleáns, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Os Ánxeles French Quarter (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Luisiana em Lafayette (pt) Universidade de Florencia Universidade do Estado da Flórida (pt) - arte Brother Martin High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | preparador físico , actor de dobraxe , humorista , gastrónomo , actor de televisión , bailarín , actor , cantante , locutor de radio , instructor (en) |
Período de actividade | 1968 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Páxina web | richardsimmons.com |
|
Simmons comezou a súa carreira no sector da perda de peso cando abriu o seu ximnasio Slimmons en Beverly Hills, California, atendendo persoas con sobrepeso, e fíxose amplamente coñecido polas súas aparicións en televisión e pola popularidade dos seus produtos de consumo. Foi parodiado a miúdo e foi convidado adoito en programas de radio e televisión nocturnos como Late Show with David Letterman e The Howard Stern Show. Continuou promovendo a saúde e o exercicio ó longo dunha carreira de décadas e logo ampliou as súas actividades para incluír o activismo político, como no ano 2008, cando amosou o seu apoio dun proxecto de lei que obrigaba á educación física non competitiva nas escolas públicas como parte do programa No Child Left Behind Act.[1][2]
Notas editar
- ↑ Ibanga, Imaeyen (15 de outubro de 2008). "Richard Simmons Obesity Crusade – ABC News". Abcnews.go.com. Consultado o 2 de maio de 2013.
- ↑ Claus von Zastrow on (27 de marzo de 2008). "Kids Aren't Well-Rounded; They're Just...Rounded". Public School Insights. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 2 de maio de 2013.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha na IMDb (en inglés)