Ricardo Melero Pereira

empresario e político galego

Ricardo Melero Pereira, finado en Pontevedra en outubro de 1954,[1] foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaRicardo Melero Pereira
Biografía
Morte1954 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dono dunha fábrica de alpargatas en Pontevedra. Foi presidente da patronal pontevedresa. Tamén foi directivo do Círculo Mercantil e Industrial, da Cámara de Comercio, da xunta do club de fútbol Alfonso XIII C.F. e representante da Asociación de Padres de Familia. En 1932 participou, xunto con Víctor Lis Quibén, Ramón Gómez, Tomás Abeigón Pazos, Enrique Paredes e Antero Marescot na articulación da Unión Regional de Derechas. Nas eleccións de 1933 presentouse como candidato polas dereitas. Tesoureiro da CEDA, foi detido en abril de 1936 con Benito Pardo, Secundino Esperón e José Outerelo, por consideralos relacionados con incidentes provocados por fascistas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrou a comisión depuradora do maxisterio de Pontevedra en calidade de representante dos pais de familia.

Vida persoal editar

Casou con Mercedes Cide Avendaño.[2]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 16-10-1954, p. 2.
  2. Hoja oficial del Lunes, 18-9-1944, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar