Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia

As segundas eleccións ás Cortes españolas da II República celebráronse o 19 de novembro de 1933. A lei electoral establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. Tiñan dereito ao voto os maiores de 23 anos e por primeira vez en España tiñan dereito de voto as mulleres.

As malas relacións entre os republicanos e os socialistas fixo que presentaran candidaturas separadas, o que favoreceu á dereita que presentaba listas conxuntas.

A circunscrición electoral da Coruña elixía 17 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 49 deputados.

Resultados editar

En toda Galicia os radicais e as candidaturas da dereita resultaron gañadores. O Partido Radical conseguiu 15 escanos, a Unión Regional de Derechas (integrada na CEDA) 10, Renovación Española 7, Partido Republicano Gallego 6, Partido Republicano Conservador 4 e os independentes 7.

A Coruña editar

Na provincia da Coruña presentouse unha lista conxunta do PRG, o Partido Republicano Conservador, o Partido Radical e algúns independentes que vai ser a lista máis votada na provincia: O PRG consegue 6 escanos, o PR 2 e o PRC 1.

A candidatura de dereitas, que agrupaba a CEDA, os agrarios, monárquicos e independentes de dereita consegue 4 deputados para a CEDA, 2 para RE.

Os dous deputados restantes foron para candidatos independentes e quedaron sen escano o PSOE, Partido Galeguista, o PCE o Partido Republicano Radical Socialista e o Partido Federal.

Deputados electos pola provincia da Coruña editar

Lugo editar

Na provincia de Lugo o PRG presentouse en solitario e non conseguiu escano ningún. O Partido Radical e o Partido Republicano Conservador presentou unha lista conxunta que conseguiu 3 deputados para o PR e 2 para o PRC.
A Coalición de Dereitas deu 2 escanos a CEDA, 1 a RE e 2 a independentes. As listas do Partido Galeguista e do Partido Radical Socialista non conseguiron escano.

Deputados electos pola provincia de Lugo editar

Ourense editar

Na provincia de Ourense o Partido Radical presentouse en solitario e conseguiu 4 escanos, a Candidatura de Dereitas que unía a CEDA, a Renovación Española, os tradicionalistas e a independentes conseguiu 3 escanos para RE, 1 para a CEDA e 1 para un candidato independente próximo a esta.
A candidatura de republicanos de esquerda, que unía o PRG, o Partido Radical Socialista e o PG entre outros, non conseguiu escanos.

Deputados electos pola provincia de Ourense editar

Pontevedra editar

Deputados electos pola provincia de Pontevedra editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar