Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia

Tras a proclamación da República en España o 14 de abril de 1931 como consecuencia dos resultados favorables aos candidatos republicanos nas eleccións municipais do 12 de abril, o goberno provisorio convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o 28 de xuño de 1931.
O sistema electoral rexíase polo decreto do 8 de maio de 1931, que establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. As circunscricións electorais eran as provincias e as cidades con máis de 100.000 habitantes e tiñan dereito ao voto con homes maiores de 25 anos. O control do proceso estaba en mans das xuntas municipais, que presidía o xuíz municipal e que formaban persoas prominentes do concello, e as xuntas provinciais do censo, que presidía o presidente da Audiencia Territorial ou da Audiencia Provincial.

A circunscrición electoral da Coruña elixía 16 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 47 deputados.

Para concorreren ás eleccións os principais partidos republicanos e os de esquerda coaligáronse para obteren os deputados reservados ás maiorías, mentres polo bando da dereita formaban candidaturas de independentes que posteriormente acabarían integrándose na CEDA.

Resultados editar

En toda Galicia a ORGA, que concorría baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos, o Partido Radical obtivo 11 escanos, o PSOE 8, o Partido Radical-Socialista 2, Derecha Liberal Republicana 2, Galeguistas 2, Acción Republicana 1, independentes de dereita 4 escanos, Rexionalista 1 (Manuel Portela Valladares), Partido Radical Agrario 1 e a Unión Monárquica 1.

Nas Cortes a FRG, os galeguistas e algún outro deputado formaron a Minoría Gallega.

A Coruña editar

Na provincia da Coruña a ORGA presentouse baixo o nome de Federación Republicana Gallega en candidatura conxunta co PSOE e conseguiu 9 escanos e Santiago Casares Quiroga foi o candidato máis votado na provincia, mentres o PSOE obtiña 3 deputados. O Partido Radical presentouse en solitario e non conseguiu deputado ningún, ao igual que Partido Radical Agrario e o PCE. A candidaturas de dereitas conseguiu os 4 escanos reservados ás minorías.

Deputados electos pola provincia da Coruña editar

Lugo editar

Na provincia de Lugo a FRG coaligouse con Manuel Portela Valladares e elementos da dereita como o xeneral José Sanjurjo Sacanell, pero tras a anulación e a repetición das eleccións en agosto integráronse na candidatura o PSOE, o Partido Radical e a Derecha Liberal Republicana que conseguiu os 8 escanos reservados para a maioría: 3 FRG, 2 Partido Radical, 2 PSOE, 1 DLR e 1 para Manuel Portela Valladares. Os 2 escanos das minorías foron para candidatos republicanos conservadores que se integraron no Partido Radical.

Deputados electos pola provincia de Lugo editar

Ourense editar

Na provincia de Ourense formáronse dúas candidaturas para concorreren polas maiorías, a formada polo Partido Radical e o PSOE e a outra pola FRG, o Partido Radical-Socialista e o Partido Nazonalista Republicán de Ourense.
Polas maiorías o Partido Radical conseguiu 3 escanos, o Partido Radical-Socialista 2, PSOE 1, FRG 1 e o PNRO 1. Polas minorías 1 escano foi para Acción Republicana e 1 para Unión Monárquica de José Calvo Sotelo.

Deputados electos pola provincia de Ourense editar

Pontevedra editar

Na provincia de Pontevedra formouse unha única candidatura para concorrer pola maioría; formábana a FRG, o PSOE e o Partido Radical. Polas minorías concorrían o Partido Radical Agrario, a Derecha Liberal Republicana e a Candidatura Galleguista. A FRG conseguiu 4 deputados, o PSOE 4, o Partido Radical 1 e polas minorías a DLR 1 escano, PRA 1 e a Candidatura Galleguista 1 (Castelao).

Deputados electos pola provincia de Pontevedra editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar