Reinhold Ewald

Astronauta alemán

Reinhold Ewald, nado en Mönchengladbach, Alemaña, o 18 de decembro de 1956, é un astronauta alemán retirado que formou parte das misións Soiuz TM-24 Soiuz TM-25. Pasou un total de 19,69 días no espazo.[1][2]

Infotaula de personaReinhold Ewald

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Mönchengladbach, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta , físico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo19 días, 16 horas e 34 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Premios

Traxectoria editar

Ewald graduouse en Física pola Universidade de Colonia en 1977, e é máster en física experimental 1983. Doutorouse en Física en 1986 e ten un grao menor en fisioloxía humana.[1][2]

Ewald traballou como investigador na Universidade de Colonia de 1983 a 1987. En 1987 pasou a formar parte do Centro Aeroespacial Alemán, participando en varios proxectos. En 1990 uniuse ao corpo nacional de astronautas de Alemaña, sendo substituto da misión Mir '92. Formou parte do equipo de apoio da misión Spacelab-D2, durante a STS-55, en 1993. Formou parte das misións Soiuz TM-25, na que viaxou á Estación Espacial Mir, e Soiuz TM-24, na que volveu da mesma. Uniuse ao corpo europeo de astronautas en febreiro de 1999. Finalmente retirouse da ESA en setembro de 2018.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Ewald, Reinhold" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 ESA, ed. (2020). "Reinhold Ewald" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar