Universidade de Colonia

universidade alemá

Coordenadas: 50°55′41″N 6°55′43″L / 50.928055555556, 6.9286111111111

A Universidade de Colonia é unha universidade alemá en Colonia coa gama clásica das materias dunha universidade completa.

Universidade de Colonia
Universität zu Köln
Edificio principal da Universidade de Colonia
Datos xerais
LocalizaciónAlemaña Colonia, Alemaña
Fundación1388 (Universidade Vella)
(Pechada entre 1798 e 1919)
Datos actuais
ReitorAxel Freimuth [1]
Alumnos50 792 (curso 2020-21) [2]
Orzamento831,8 millóns de €
Datos de contacto
Páxina webhttps://www.uni-koeln.de/
Twitter: UniCologne Instagram: uni_koeln LinkedIn: university-of-cologne Dialnet: 3678511 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A "Antiga Universidade de Colonia" (Universidade Vella), fundada en 1388 co nome latino Universitas Studii Coloniensis, foi unha das universidades máis antigas de Europa. Porén, foi pechada en 1798 durante o período francés e só foi refundada en 1919 como a "Nova Universidade de Colonia".[3]

Despois da primeira guerra mundial e da perda da Kaiser-Wilhelms-Universität zu Straßburg (actual Universidade de Estrasburgo), a de Colonia debeu continuar coa tradición e "fortalecer a posición alemá no Rin".[3]

Con máis de 51 500 estudantes no semestre de inverno 2019-2020,[4] é a universidade de Alemaña con máis alunos. De 2012 a 2019 ocupou o status de "excelencia" como parte da terceira iniciativa de excelencia para o financiamento universitario.[5]

A Universidade conta con 8 182 empregados (profesorado e persoal de administración e servizos).[2]

Historia editar

1388–1798 editar

A Universidade de Colonia estableceuse en 1388, sendo a cuarta universidade do Sacro Imperio Romano Xermánico, despois da Universidade Carolina (1348), a Universidade de Viena (1365) e a Universidade de Heidelberg (1386).

O seu estatuto asinouno o papa Urbano VI, e a universidade comezou o seu labor educativo o 6 de xaneiro de 1389.

O 28 de abril de 1798 a universidade foi pechada polos franceses, que invadiran Colonia en 1794, e a converteron na Escola Central do Departamento do Roer, e a chamaron Université de Cologne.[6]

O peche de Universidade de Colonia debeuse a que os seus profesores, desexosos de preservar a independencia da universidade, negáronse a xurar obediencia á República Francesa.

Porén, o último reitor, Ferdinand Franz Wallraf, escondeuse e preservou o Gran Selo da Universidade, que segue a usarse no século XXI.

1919–actualidade editar

En 1919 o daquela goberno prusiano respaldou a decisión do concello da Cidade de Colonia de restablecer a universidade. O 19 de maio de 1919, o entón alcalde Konrad Adenauer asinou o estatuto da Universidade Moderna.[6]

Nese momento a universidade estaba composta pola Facultade de Comercio, Economía e Ciencias Sociais (sucesora dos Institutos de Comercio e de Administración Comunal e Social) e a Facultade de Medicina (sucesora da Academia de Medicina). En 1920 engadíronse a Facultade de Dereito e a de Artes, das que máis tarde se segregaría a Escola de Matemáticas e Ciencias Naturais en 1955 para crear facultades propias. En 1980, os dous departamentos de Colonia da Escola de Educación de Renania aderíronse á universidade como as Facultades de Educación e de Educación Especial.

A Universidade destaca nos ámbitos da economía, do dereito e do comercio.

Notas editar

  1. Universität zu Köln. Rektor
  2. 2,0 2,1 Universität zu Köln. Universitätsverwaltung Hochschulentwicklung und Akademische Angelegenheiten.
  3. 3,0 3,1 Erich Meuthen (1998): Kleine Kölner Universitätsgeschichte. Colonia: Univ. Presse und Informationsstelle, p. 31.
  4. Bildung und Kultur. Studierende an Hochschulen.
  5. Bonn darf sich «Exzellenzuni» nennen: Köln verliert Titel.
  6. 6,0 6,1 Cristina Fraenkel-Haeberle (2014): Die Universität im Mehrebenensystem. Tübingen: Mohr Siebeck. ISBN 3-1615-2578-7.

Véxase tamén editar