Río Inxerto
Río Inxerto é un pequeno río do concello de Narón que fai de límite natural co concello de Ferrol. É un río urbano encaixado entre edificios e canalizado no seu tramo final.
Río Inxerto | |
---|---|
Desembocadura na ría de Ferrol (enseada da Gándara) | |
País | Galicia |
Nacemento | Ferrol |
Altitude | - |
Caudal medio | - |
Desembocadura | Ría de Ferrol |
Dende a década de 1980 a construción do Polígono industrial da Gándara e a urbanización da Gándara fixeron que o río fose canalizado, e o aumento da poboación provocou que terminase sendo parte do servizo de saneamento do concello vertendo augas sen tratamento á ría de Ferrol. En inverno a canalización insuficiente facía que desbordase. Estas novas canalizacións fixeron que fose trocado o trazado orixinal do río. En 2010 aprobouse un proxecto de saneamento.[1] En 2016 iniciáronse as obras para rematar coas verteduras ao río facendo un colector paralelo que levaría as augas residuais á EDAR de Cabo Prioriño.[2] As obras rematarían a finais do 2018 deixando o río xa vertidos. Estes traballos de canalización foran denunciados por ADEGA.[3]
Notas editar
- ↑ INFORME DE VIABILIDAD DEL “PROYECTO DE SANEAMIENTO Y RECUPERACIÓN AMBIENTAL DEL RÍO INXERTO Y SANEAMIENTO DEL RÍO TRONCO (T. M. FERROL). CLAVE: 01.490.198/2111 (según lo contemplado en la Ley 11/2005, de 22 de Junio, por la que se modifica la Ley 10/2001, de 5 de julio, del Plan Hidrológico Nacional)
- ↑ "Acuaes inicia la construcción de los dos colectores del río Inxerto", artigo en La Voz de Galicia, 20 de agosto de 2015 (en castelán).
- ↑ ADEGA presenta denuncia diante polas actuacións nas obras do rio Inxerto (Ferrol), artigo na web de ADEGA