Polígono industrial da Gándara
polígono industrial en Ferrol e Narón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
O polígono industrial da Gándara é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situado entre os concellos de Ferrol e Narón.
Polígono industrial da Gándara | |
---|---|
Centro comercial Dolce Vita no polígono da Gándara | |
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 1982 |
En | Ferrol e Narón |
País | España |
43°29′13″N 8°12′01″O / 43.486805555556, -8.20025 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e descrición editar
Foi promovido pola SEPES e inaugurado en 1982. Conta con 1.337.045 metros cadrados repartidos do seguinte xeito:
- Superficie industrial e/ou comercial: 823 000 m²
- Zona verde: 104 823 m²
- Zona social e/ou deportiva: 11 087 m²
- Sistema viario e aparcadoiros: 164 970 m²
Nel están instaladas empresas como Poligal ou Freire Hermanos (Megasa).
Centros comerciais editar
O polígono da Gándara da acubillo a grandes superficies comerciais como Alcampo, Eroski, Mercadona, Lidl ou un Centro Comercial Dolce Vita; asemade, conta cun establecemento 24h da cadea McDonald's e servizo de ITV. Hai seis estacións de servizo, dous hoteis, e os concesionarios de Seat, Fiat, Toyota, BMW, Volkswagen, Hyunday, Renault, Audi, Nissan e Peugeot.
Accesos editar
Galería de imaxes editar
-
Empresa Freire Hnos. S. A. no concello de Narón
-
FENYA Centro de Formación
-
Mapa da área
-
Factoría de Poligal
-
Superficies comerciais