Quo Vadis (filme de 1951)

filmed e 1951 dirixido por Mervyn LeRoy

Quo Vadis é un filme estadounidense de 1951 dirixido por Mervyn LeRoy e producido por Sam Zimbalist. É un drama histórico e épico de Metro-Goldwyn-Mayer (MGM) en Technicolor. O guión é obra de John Lee Mahin, S.N. Behrman e Sonya Levien, adaptado da novela Quo Vadis (1896) do premio Nobel polaco Henryk Sienkiewicz. A banda sonora é obra de Miklós Rózsa e a fotografía de Robert Surtees e William V. Skall. O título é unha referecia a un incidente recollido nos apócrifos Feitos de Pedro.[2]

Quo Vadis
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalQuo Vadis
DirectorMervyn LeRoy
ProdutorSam Zimbalist
GuiónS. N. Behrman
Sonya Levien
John Lee Mahin
Baseado enQuo Vadis de Henryk Sienkiewicz
IntérpretesRobert Taylor
Deborah Kerr
Leo Genn
Peter Ustinov
MúsicaMiklós Rózsa
FotografíaRobert Surtees
William V. Skall
MontaxeRalph E. Winters
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraLoew's, Inc.
Estrea8 de novembro de 1951
Duración171 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroÉpico, drama histórico
Orzamento7,6 millóns de dólares[1]
Recadación21 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0043949 Filmaffinity: 434938 Allocine: 44210 Rottentomatoes: m/1017021-quo_vadis Mojo: quovadis Allmovie: v39930 TCM: 933 TV.com: movies/quo-vadis Netlix: 60010807Editar o valor em Wikidata

O filme está protagonizado por Robert Taylor, Deborah Kerr, Leo Genn e Peter Ustinov, xunto con Patricia Laffan, Finlay Currie, Abraham Sofaer, Marina Berti, Buddy Baer e Felix Aylmer. Anthony Mann traballou no filme durante catro semanas director de segunda unidade sen acreditar. Sergio Leone foi o director asistente sen acreditar dos extras italianos. As futuras estrelas italianas Sophia Loren e Bud Spencer aparecen como extras sen acreditar. O filme foi noemado a oito Premios Óscar (aínda que non gañou ningún), e foi un éxito de recadación tan grande que se lle atribuíu o mérito de rescatar a MGM da bancarrota.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Hall, Sheldon; Neale, Steve (2010). Epics, Spectacles, and Blockbusters: A Hollywood History. Detroit, MI: Wayne State University Press. p. 137. ISBN 978-0-8143-3008-1. 
  2. A palabras "quo vadis" aparecen como unha pregunta cinco veces na biblia en latín – en Xénese 16:8, Xénese 32:17, Xuíces 19:17, Xoán 13:36 e Xoán 16:5.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar