Purificación Álvarez Álvarez
Purificación Álvarez Álvarez, nada en Ares o 1 de febreiro de 1954, é unha mestra e política galega do PPdeG. Foi alcaldesa da Guarda de 1989 a 1999.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1954 (70 anos) Ares, España |
Alcaldesa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra , política |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Mestra de educación primaria. Foi elixida alcaldesa da Guarda en 1989, logo do falecemento de Manuel Díaz González "Ligero". Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Volveu ser elixida alcaldesa nas municipais de 1991 tamén con maioría absoluta, e nas municipais de 1995 grazas a un pacto con Independientes do Baixo Miño. En 2003 dimitiu como presidenta do PP da Guarda e anunciou a súa intención de encabezar a candidatura de Independientes de A Guarda para as municipais de 2003[1].
Predecesor: Manuel Díaz González "Ligero" |
Alcaldesa da Guarda 1989 - 1999 |
Sucesor: José Manuel Domínguez Freitas |
Vida persoal editar
Casou con Ramón Alonso Pedreira, que finou en 2011; é nai de Óscar e José Ramón Alonso Álvarez.[2]
Notas editar
- ↑ "Purificación Álvarez encabezará la lista de Independientes de A Guarda". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2016.
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 20-4-2011, p. 50.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Álvarez Álvarez, Purificación". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.