Purgatorio

lugar intermedio onde se expían os pecados trala morte

Na teoloxía católica, o purgatorio é o lugar de limpeza e expiación dos pecados onde, despois da morte, as persoas que morreron sen pecado mortal (ofensa directa a Deus), pero que cometeron pecados leves na súa vida, teñen que limpar esas culpas para poder alcanzar o ceo. Debido a que todo aquel que entra no purgatorio terminará chegando ó ceo tarde ou cedo, o purgatorio non é unha forma de inferno. As pregarias polos mortos e as indulxencias poden abreviar a estadía dun ou varios dos seres queridos que estean en dito lugar.

Igrexa de Santiago de Breixa (Silleda)

Na igrexa de San Vicenzo de Cespón (Boiro) pode observarse este relevo coa seguinte inscrición:

Igrexa de Cespón, Boiro
El Purgatorio y el infierno
es lo mismo en el que siente
sólo se haze diferente
en lo tenporal y eterno.
Es el infierno un penar
y un para sienpre morir
que no se puede sufrir
y no se puede acabar.
Hijo, padre, esposo, amigo
hermano a ¿tu? esposa, padres
alivia con tus favores
ya que fueron mi castigo.
Alma que [h]ay infierno no se
en esto no hay que dudar
y que Dios ha de faltar
antes que falte es dre...?

A idea do purgatorio segundo a teoloxía protestante editar

O protestantismo rexeita a existencia do purgatorio por non atopar evidencias que o proben na Sagrada Escritura, nin un consenso na patrística, ademais de consideralo contrario a fe cristiá. A argumentación protestante xira arredor da idea de que só existen dúas posibilidades: a condenación e a salvación. Enténdese que a salvación foi lograda pola morte de Xesús na cruz e que é perfecta para quen a recibe pola fe, de modo que tanto a culpa como a pena dos pecados son borrados indeleblemente no fiel pola soa graza de Deus sen ter en conta os méritos, penitencias ou calquera outro esforzo que o crente faga. Esta crenza apóiana principalmente na Biblia:

"Sabendo que o home non é xustificado polas obras da Lei, senón por mor da fe en Cristo Xesús, tamén nos cremos en Cristo Xesús, para que sexamos xustificados pola fe en Cristo, e non polas obras da Lei. Posto que polas obras da Lei ninguén será xustificado. ".
"En verdade, en verdade vos digo: O que oe a miña palabra, e cre naquel que me enviou, ten vida eterna; e non virá á condenación, mais pasou de morte á vida. ".
Xoán 5,24

Posto que o purgatorio non existe no protestantismo tampouco teñen lugar as indulxencias ou as misas de sufraxio polos defuntos. Lutero denunciará estas prácticas católico-romanas como un comercio encuberto onde o que realmente lle importaba a igrexa era a acumulación de grandes fortunas para fins "pouco cristiáns"[1] como a construción da Basílica de San Pedro. Coa condena da venda de indulxencias tamén se condenaba a idea do purgatorio no luteranismo temperán. No seguinte desenvolvemento da teoloxía protestante ata a actualidade a venda de indulxencias quedou nun segundo plano e o rexeitamento fundouse directamente nos problemas teolóxicos que presenta a crenza nun estado intermedio de purificación entre o ceo e o inferno. Ademais de ser contraria a soteroloxía protestante choca directamente con outras crenzas como a imposibilidade de obter o favor dos santos na intercesión que está limitada tan só a Xesucristo como único mediador e a idea de pecado que rexeita a existencia de pecados veniais considerando todo pecado como mortal. As confesións históricas [2][3][4] coinciden case todas polo tanto na condena á crenza do purgatorio.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar