Indulxencia, na doutrina católica, é a remisión da pena temporal correspondente a pecados xa perdoados, outorgada pola Igrexa a quen cumpra certas condicións. A diferenza do sacramento da reconciliación, a indulxencia non perdoa pecados senón que exime de penas de carácter espiritual que doutro xeito os fieis purgarían logo da morte. A indulxencia non é un sacramento e pode ser concedida polo Papa, os bispos e cardeais, a quen, por exemplo, logo de rematar unha oración dada, visiten determinado santuario, empreguen certos obxectos de culto etc.

Os abusos e tráfico de indulxencias foron un dos motivos que levou ao enfrontamento de Lutero coa Igrexa Católica.

Notas editar


 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.