Pulp (novela)

obra literaria de Charles Bukowski

Pulp é unha novela de Charles Bukowski, publicada en 1994, pouco despois da súa morte. Toma o título do xénero das revistas pulps. O protagonista é o detective privado Nick Belane.

Pulp
Autor/aCharles Bukowski
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)realismo sucio, novela negra
EditorialBlack Sparrow Press
Data de pub.1994
Formatotapa dura
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Nick Belane é un detective privado de 55 anos residente nos Ánxeles. Logo de tres matrimonios e tres divorcios, leva unha vida de alcoholismo e xogo. Enfróntase a casos do máis variado e absurdo.

A "señora Morte" encárgalle que atope a Louis-Ferdinand Céline, malia que xa leva 32 anos morto. Un operario de pompas fúnebres pídelle que unha extraterrestre o deixe en paz. Un coñecido pídelle que atope o "Pardal Vermello". Un homiño pídelle probas de que a súa muller o engana. Como en obras de Raymond Chandler, os casos comezan a entrelazarse.

Axiña se ve envolto en pelexas, obrigado a sacar a pistola e usar os nocellos. Consome grandes doses de alcol, e alterna estados de ánimo bos con momentos depresivos. Vai ós hipódromos a relaxarse, pero nin alí logra desconectar de todo do traballo.