Louis-Ferdinand Céline

escritor francés

Louis Ferdinand Auguste Destouches, alcumado Louis-Ferdinand Céline, nado en Courbevoie o 27 de maio de 1894 e finado en París o 1 de xullo de 1961, é un dos escritores franceses máis traducidos e difundidos do século XX. É autor de Voyage au bout de la nuit, obra cumio da literatura universal contemporánea, publicada por vez primeira en 1932 e que foi así mesmo a primeira novela na produción do autor.

Infotaula de personaLouis-Ferdinand Céline

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalLouis Ferdinand Auguste Destouches
Biografía
Nacemento(fr) Louis-Ferdinand Destouches Editar o valor em Wikidata
27 de maio de 1894 Editar o valor em Wikidata
Courbevoie (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 1961 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Meudon (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Aneurisma cerebral (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaLongs-Réages cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAntisemitismo e Anticomunismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Rennes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico escritor , escritor , novelista , militar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1931 – 1961
EmpregadorLiga das Nacións Editar o valor em Wikidata
Interesado enNihilismo, Pesimismo, misantropía, Cinismo e polémica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticonovela
MovementoModernismo, Expresionismo e Realismo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioLouis-Ferdinand Céline Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarCoiraceiro Editar o valor em Wikidata
Rango militarsuboficial (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Participou en
1940WWII Axis collaboration in France (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeSuzanne Nebout (1915)
Edith Follet (1919-1925)
Lucette Destouches (1943-1961)
ParellaLucienne Delforge (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosColette Destouches (1920-2011)
PaiFernand Destouches (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
exilio Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Renaudot
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1563053 Allocine: 98201
Musicbrainz: 22220116-8fce-4bfd-8c8f-aa11ebf72487 Discogs: 449266 Find a Grave: 7712 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Céline creceu en París. O seu pai era empregado nunha compañía de seguros. A súa nai, Marguerite Guillou, era filla de Céline Guillou, de quen tomou o pseudónimo. A avoa tiña unha pequena tenda de bordados, e trala súa morte en 1904 a modesta herdanza que deixou permitiu a Louis-Ferdinand asistir a unha escola privada. Tras obter o seu diploma foi a Alemaña e Inglaterra para aprender idiomas, sendo moitas desas experiencias relatadas na súa segunda novela, Mort à crédit.

Con 18 anos alistouse nunha unidade de cabalería do exército francés. Participou na primeira guerra mundial, sendo gravemente ferido en Ypres, quedándolle de por vida secuelas nun brazo, no oído e dores de cabeza. Concedéuselle a Médaille militaire porque se presentara voluntario para a misión na que foi ferido.

Foi destinado ao consulado francés en Londres, onde frecuenta os baixos fondos. En 1915 casou con Suzanne Nebout, unha camareira francesa que vivía en Londres, pero o matrimonio non foi rexistrado no consulado francés. En 1916 alistouse como encargado de explotación forestal e partiu a África, onde contraeu malaria durante o ano que alí pasou. Ao seu regreso a París traballou na revista científica Eureka, onde coñeceu o doutor Athanase Follet, un director dun colexio médico, baixo cuxa influencia estudou medicina.

Rematou o bacharelato e en 1919 casou con Edith Follet, filla de Athanase. A mediados da década de 1920 integrouse na Sociedade de Nacións como experto en cuestións de hixiene. Foi destinado a Xenebra, pero realizou constantes viaxes aos EUA, Cuba, Canadá e Inglaterra, e pasou tamén longas tempadas en Nixeria e Senegal. Debido ás longas ausencias, puxo fin ao seu segundo matrimonio con Edith Follet dous anos despois de graduarse.

En 1926 coñeceu en Xenebra a Elizabeth Craig, unha estadounidense nada en 1902 coa que viviu en París até 1933. Nunha das súas primeiras entrevistas trala publicación de Voyage au bout de la nuit cítaa coma unha das súas mestras. Existen homenaxes a Elizabeth Craig ao longo desa mesma novela (e de feito está dedicada a ela), especialmente nos personaxes de Lola e Molly.

En 1927 abriu unha consulta privada, que non funcionou, polo que tivo que empregarse como axudante dun dispensario en Clichy. En 1931 deulle o manuscrito de Voyage au bout de la nuit a unha secretaria para que o mecanografase, sendo publicada ao ano seguinte cunha extraordinaria acollida por parte do público e a crítica.

Trala segunda guerra mundial foi condenado in absentia (estando en Dinamarca) á pena de morte polo seu colaboracionismo durante a ocupación nazi en Francia, se ben a pena foi finalmente condonada. Escapou a Alemaña (sobre o éxodo escribiu D'un château l'autre, Nord e Rigodon), sendo condenado despois a un ano de prisión e declarado desgraza nacional. Tralo seu perdón, en 1951 regresou a Francia. Finou o 1 de xullo de 1961 dun aneurisma cerebral.

Obra editar

A súa creación máis famosa é Voyage au bout de la nuit, unha narración de trazos autobiográficos publicada en 1932. O seu protagonista, Ferdinand Bardamu, alistado nun momento de estupidez no exército francés, e aborrecido nas trincheiras da primeira guerra mundial, decide desertar facéndose pasar por tolo, describindo toda sorte de personaxes pintorescos e o absurdo e a brutalidade da guerra. Tralo conflito e tras un noivado cunha estadounidense, Lola, vai parar nun barco no que o resto dos pasaxeiros o queren linchar, rumbo a unha colonia francesa en África; a descrición do sistema colonial francés é hilarante e sumamente crítica, vindo a dicir que o colonialismo francés ampara a pederastia e que todo se funda na explotación dos negros (recordando a Heart of Darkness, de Joseph Conrad). Unhas febres acaban con esa aventura e chega nun estado próximo á escravitude aos Estados Unidos. Escapa en Nova York, onde vive por un tempo e reencóntrase con Lola, á que extorsiona. Volve viaxar a Detroit, onde fai amizade cunha prostituta norteamericana, pero volve a París e exerce a medicina a pesar do noxo que lle dá a súa clientela.

A aparición de Voyage au bout de la nuit foi unha innovación literaria sen igual. A linguaxe oral, groseira e moi xergal escandalizou aos contemporáneos e foi moito máis lonxe ca escritores que intentaran antes ca el escribir usando este rexistro, como Émile Zola. A súa prosa, como a forma de abordar os temas, e os temas en si mesmos, é extremadamente violenta, amarga e quebradiza. O seu ritmo é salvaxe e acelerado, e nel repousa gran parte do mérito literario do autor. A linguaxe é viva, libre de todo tipo de formalidades, para escribir do modo máis expresivo posible.

De estilo vivísimo, ás veces intraducible a causa da propensión a calcar a linguaxe oral, influíu profundamente nas xeracións posteriores. Autores como Charles Bukowski, Jean-Paul Sartre, Henry Miller, William S. Burroughs, Kurt Vonnegut, Billy Childish, Irvine Welsh ou o contemporáneo Alessandro Baricco recoñécenlle unha profunda influencia.

Novelas editar

Cancións editar

  • À nœud coulant e Le règlement (1955). Interpretadas polo autor e gravadas por Paul Chambrillon, acompañado ao acordeón por Aimable.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar