Pterocladiella capillacea

Pterocladiella capillacea

Gelidium corneum var. capillaceum = Pterocladiella capillacea
Lámina de 1852
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Biliphyta
Filo: Rhodophyta
Clase: Florideophyceae
Subclase: Rhodymeniophycidae
Orde: Gelidiales
Familia: Pterocladiaceae
Xénero: Pterocladiella
Especie: P. capillacea
Nome binomial
Pterocladiella capillacea
(S.G.Gmelin) Santelicas & Hommersand, 1997.
Sinonimia
Véxase o texto

Pterocladiella capillacea é unha especie de rodófita (alga vermella) da clase das florideofíceas, subclase das rodimeniofícidas e familia das pterocladiáceas, unha das numerosas incluídas no xénero Pterocladiella.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1997 polos ficólogos Bernabé Santelices (chileno) e Max H. Hommersand (estadounidense).[1][2]

Sinónimos editar

Ao longo do tempo, a especie coñeneuse tamén polos numerosos sinónimos:[1]

  • Cornea capillacea (S.G.Gmelin) Stackhouse, 1809
  • Fucus capillaceus S.G.Gmelin, 1768 (protónimo)
  • Fucus corneus var. pinnatus (Hudson) Goodenough & Woodward, 1797
  • Fucus pinnatus' Hudson, 1762
  • Gelidium capillaceum (S.G.Gmelin) Meneghini, 1854
  • Gelidium corneum f. clavatum Ardissone, 1874
  • Gelidium corneum var. capillaceum (S.G.Gmelin) Greville, 1830
  • Gelidium okamurae Setchell & N.L.Gardner, 1937
  • Gelidium pyramidale N.L.Gardner, 1927
  • Gigartina cornea var. capillacea (S.G.Gmelin) S.F.Gray, 1821
  • Pterocladia capillacea (S.G.Gmelin) Bornet, 1876
  • Pterocladia complanata N.H.Loomis, 1949
  • Pterocladia densa Okamura, 1934
  • Pterocladia lindaueri K.C.Fan, 1961
  • Pterocladia mexicana W.R.Taylor, 1945
  • Pterocladia okamurae (Setchell & N.L.Gardner) W.R.Taylor, 1945
  • Pterocladia pinnata (Hudson) Papenfuss, 1950
  • Pterocladia pyramidalis (N.L.Gardner) E.Y.Dawson, 1945
  • Pterocladia robusta W.R.Taylor, 1945
  • Sphaerococcus capillaceus (S.G.Gmelin) Naccari, 1828a
  • Sphaerococcus corneus var. capillaceus (S.G.Gmelin) C.Agardh, 1822

Catacteríasticas editar

 
Pterocladia robusta =
Pterocladiella capillacea
Lámina de 1945

É unha alga de cor vermella escura, purpúrea, rosa e ás veces apardazada, de até 20 ou 30 cm de altura e consitencia cartilaxinosa. O eixe, que aparece prostrado, é cilíndrico, de 2 a 4 cm de diámetro, está fixado por filmentos rastreiros ao substrato, dos que saen varios eixes erectos, aplanados, espidos na base, cilíndrico (de 4 mm de diámetro) ou esmagados, que forman o fronde de até 30 cm e ramificados irregularmente: algúns eixes non están ramificados, mentres que outros estáno tres ou catro veces, con ramificacións opostas ou alternas, que producen frondes de contorno triangular, bi ou tripinnados, con pínnulas que diminúen de lonxitude cara ao ápice. Os gametófitos son dioicos. Os esporocarpos fórmanse na superficie do talo, en zonas que perden a cor, e presentan contorno irregular. Os cistocarpos son uniloculares; os tetrasporanxios son ovoides ou semiesféricos e aparecen nas últimas ramas, que adoitan teren aspecto espatulado.[3][4]

Hábitat editar

Pterocladiella capillacea é unha especie epilítica (é dicir, que vive adherida ás rochas), que habita nas pozas intermareais grandes e nas zonas mesolitorais e sublitorais, até os 2 m de profundidade.[4]

Distribución editar

É unha especie común nos mares temperados, estendéndose até os subtropicais,[5] desde as illas Británicas até a África occidental, no Atlántico oriental (incluído o Mediterráneo), a Arxentina e o Uruguai, no Atlántico occidental, e Vietnam e o Xapón, no Pacífico.[4]

En Galicia editar

Nas costas galegas, desde Ribadeo até A Guarda, atópase formando matas flexíbeis nas pozas intermareias profundas na zona mesolitoral media en áreas expostas ou semiexpostas.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pterocladiella capillacea (S.G.Gmelin) Santelices & Hommersand, 1997 no WoRMS. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
  2. Guiry, M. D. & Guiry, G. M. 2019.
  3. 3,0 3,1 González, García Álavarez & Míguez Rodríguez 1998, p. 100.
  4. 4,0 4,1 4,2 Pterocladiella capillacea en AsturNatura.
  5. Womersley, H. B. S. & Guiry, M. D. (1994)): "Order Gelidiales Kylin 1923": 132. en: The marine benthic flora of southern Australia. Part IIIA. Bangiophyceae and Florideophyceae (Acrochaetiales, Nemaliales, Gelidiales, Hildenbrandiales and Gigartinales sensu lato). Womersley, H. B. S., ed. Canberra: Australian Biological Resources Study. ISBN 0-6421-9806-3, pp. 118-142.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar