O gametófito é a estrutura haploide multicelular das plantas haplo-diplontes (con alternancia de xeracións gametofítica e esporofítica).

Diagrama esquemático do ciclo de vida haplo-diplonte (con alternancia de xeracións multicelulares).
Referencias:
n : xeración haploide (gametofítica),
2n : xeración diploide (esporofítica),
m! : mitose,
M! : meiose,
F! : fecundación
círculo: primeiro estadio do ciclo de vida, unicelular
cadrado: estadios seguintes do ciclo de vida, multicelulares

Características editar

O gametófito produce os gametos masculinos ou femininos (ou ambos), durante a meiose. A fusión dos gametos masculinos e femininos produce o cigoto. Nos musgos e nos fieitos, o gametófito é unha fase visible do ciclo de vida. Nos briófitos dise que o gametófito é "a fase dominante" do ciclo de vida, porque é fotosintético e o que debe resistir a presión da escolla do ambiente. En troques noutras plantas terrestres o gametófito é moi pequeno (como nos fieitos) ou en plantas con semente (Spermatophyta), onde o saco embrionario coñécese como megagametófito e a forma masculina (pole) chámase microgametófito.

Cando o ciclo de vida dunha planta non ten xeración haploide multicelular (polo tanto posuiría un ciclo diplonte semellante ao dos animais) dise que non posúen gametofito.