Procapra

xénero de mamíferos

Procapra

Gacela de Mongolia (Procapra gutturosa)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Tribo: Antilopini
Xénero: Procapra
Hodgson, 1846 [1]
Especie tipo
Procapra picticaudata
Hodgson, 1846 [1]
Especies e subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Procapra é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[1][2]

O xénero integra tres especies de gacelas propias das estepas e os desertos da Asia central.[3]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi creado polo naturalista e etnólogo británico Brian Houghton Hodgson, que viviu moitos anos na India británica, onde foi funcionario público (resident) e, de 1820 a 1843, no Nepal, tempo durante o cal escribiu e publicou extensamente sobre cultura, relixión, historia natural, arquitectura, etnografía e lingüística do país nepalés.[4][5] nun traballo publicado en J. Asiat. Soc. Bengal, 15: 334.[1][6]

Etimoloxía editar

O nome científico Procapra está formado polos elementos pro-, derivado da preposición latina pro, que significa, entre outras cousas, 'diante de', e -capra, do substantivo latino capra, 'cabra'. Literalmete, 'antecesor das cabras'.

Sinónimo editar

O xénero, ademais do nome que lle adxudicou Hodgson, e actualmente válido, tamén se coñeceu polo sinónimo:

Espacecies e subespecies editar

A totalidade dos autores coinciden en recoñecer no xénero tres especies, coas subespecies que se indican a continuación:[1][2]

Paleontoloxía e evolución editar

Os fósiles máis antigos pertencencentes ao xénero Procapra datan do plioceno tardío ou do plistoceno temperán de Asia central, época na que o seu clima era máis húmido e cálido que agora. O xénero, segundo parece, evolucionou a partir de animaies similares a Gazella sinensis, unha gacela do plioceno,[10] e sábese que estes animais foron cazados polos primeiros humanos do neolítico na zona do lago Qinghai, na actual provincia chinesa de Qinghai.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Procapra no MSW.
  2. 2,0 2,1 Procapra Hodgson, 1846 no ITIS.
  3. Myers, P., R. Espinosa, C. S. Parr, T. Jones, G. S. Hammond e T. A. Dewey (2008): The Animal Diversity Web (online). Consutado o 18 de outubro de 2018 na ADW.
  4. Whelpton, John (2004): "Hodgson, Brian Houghton (1801?–1894)" no Oxford Dictionary of National Biography Oxford, UK: Oxford University Press.
  5. Waterhouse, David, ed. (2004): The Origins of Himalayan Studies. Brian Houghton Hodgson in Nepal and Darjeeling 1820-1858. Abingdon, Reino Unido: Routledge. ISBN 978-0-4156-5058-8.
  6. Groves, C. P. (1967): On the gazelles of the genus Procapra Hodgson, 1846. Z. Saugetierk. Consultado o 18 de outubro de 2018 PDF Arquivado 27-07-2008 en Wayback Machine.
  7. Procapra en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Volume I. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, páx. 667.
  8. Malcolm C. McKenna & ‎Susan K. Bell (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. New York, NY, USA: Columbia University Press. ISBN 0-2311-1013-8, páx. 437.
  9. Prodorcas Pocock, 1918 en Interim Register of Marina and Nonmarine Genera (IRMNG).
  10. Leslie, D. M. Jr. (2010). "Procapra picticaudata (Artiodactyla: Bovidae)". Mammalian Species 42 (861): 138–148. doi:10.1644/861.1. 
  11. Rhode, D.; et al. (2006). "Epipaleolithic/early Neolithic settlements at Qinghai Lake, western China". Journal of Archaeological Science 34 (4): 600–612. doi:10.1016/j.jas.2006.06.016. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 18 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar