Primeira República Galega

Estado non recoñecido da Europa atlántica (1931)

A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.

Modelo:Xeografía políticaPrimeira República Galega

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°03′N 8°08′O / 43.05, -8.13Coordenadas: 43°03′N 8°08′O / 43.05, -8.13
CapitalSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua galega Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación27 de xuño de 1931 Editar o valor em Wikidata
Disolución28 de xuño de 1931 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• Xefe do gobernoAntón Alonso Ríos Editar o valor em Wikidata

Placa de homenaxe a Alonso Ríos, que exerceu de maneira provisoria e simbólica como presidente de Galiza.

Acontecementos editar

Unha primeira proclamación tivo lugar en Ourense na madrugada do 25 de xuño de 1931, ao remate dunha manifestación en protesta pola paralización das obras da vía férrea A Coruña-Ourense-Zamora, na que se acabou ocupando a Casa do Concello, dende a cal se ergueu unha bandeira de Galicia e se proclamou publicamente a República Galega.[1][2][3][4] Así a todo, o gobernador civil da provincia de Ourense e o Ministro da Gobernación Miguel Maura negaron oficialmente ante a prensa que se producise a devandita proclamación.[5][6][7][8]

Proclamación en Santiago editar

No pleno municipal do día anterior, a proposta da creación inmediata dun Estado Galego á semellanza do que pasara en Cataluña fora posta sobre a mesa, e contaba co apoio dos obreiros composteláns. Ao rematar o mitin o concello compostelán é asaltado, dimitindo inmediatamente todas as autoridades, e sendo Alonso Ríos, que exercía practicamente como o presidente provisorio de Galiza, presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. Finalmente, a falta de seguimento da proclamación noutras comarcas, logrou o cesamento da Xunta Revolucionaria en poucas horas.
Asociación Cultural Foucelhas[9]

O contexto no que se enmarca esta declaración é tenso, coa recente vitoria republicana e a fuxida do rei español Afonso XIII. Así, a declaración dun Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril[10], deixando sen traballo a 12.000 obreiros. Con todo e iso, en verdade soamente se debe entender esta declaración de independencia como unha proclama sen efectos reais.

A actitude morna e submisa de ORGA e Casares Quiroga, xa integrada en Izquierda Republicana, arrefriaran este empurrón inicial tan necesario e importante, pra acadar un estatuto galego e unha república federal. A unidade dos grupos nacionalistas no Partido Galeguista permitiran darlle un novo pulo á problemática nacional galega, que o levantamento militar afogará en sangue máis unha vez.
Alonso Ríos, a paixón por Galiza, por Manuel Mera.[11]

Ese 27 de xuño de 1931, Alonso Ríos é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega.[12] Así, pode falarse desta declaración de independencia como un dos primeiros exemplos reais de soberanía nacional unha vez integrada plenamente Galiza na coroa castelá.

Movemento social editar

Foi Alonso Ríos, nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega, e unha multitude quen avanzou en forma de protesta, cara ao Pazo de Raxoi, e tomou as dependencias municipais, establecendo o Estado Galego. En Pobra de Seabra celebrouse unha manifestación que recorreu todas as rúas dirixíndose cara ao casa consistorial, onde izaron a bandeira galega. En Santiago de Compostela, os afectos á causa esperaban a insurrección das demais comarcas, pero o goberno central retomou a obra do ferrocarril, evitando que a insurrección se expandise. O movemento, perdeu forza e a I República Galega chegou así ao seu fin.[13]

Notas editar

  1. "Se organiza una manifestación. Se proclama la República Gallega". El Pueblo Gallego nº 2.254 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  2. "En Orense se declara la República Gallega". El Regional nº 17.127 (en castelán). 25 de xuño de 1931. p. 3. 
  3. "Última Hora: A Madrid llega la noticia de haberse proclamado la República Gallega en Orense". La Zarpa nº 3.062 (en castelán). 25 de xuño de 1931. p. 12. 
  4. "El bello gesto de Galicia". El Emigrado nº 378 (en castelán). 7 de xullo de 1931. p. 1. 
  5. "No se proclamó la República Gallega en Orense". El Progreso nº 11.205 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  6. "Del Gobierno Civil. No se proclamó la República Gallega". El Pueblo Gallego nº 2.254 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 10. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  7. "Habla el señor Maura del ferrocarril Zamora Orense". El Regional nº 17.128 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 3. 
  8. "El ferrocarril Zamora-Orense. Maura cree que el conflicto será resuelto pronto y favorablemente". El Pueblo Gallego nº 2.254 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 5. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  9. Cerceda revivirá o aniversario da República Galega, nova aparecida en Galicia Confidencial o 18 de xuño de 2010.
  10. Cando Galicia foi unha república independente, artigo de Lois Pérez Leira publicado o 27 de xuño de 2016 en Historiadegalicia.gal.
  11. Artigo de opinión en GZnacion.com, aparecido o 28 de agosto de 2009.
  12. Xornal Pueblo Gallego (28-06-1931), p. 4.
  13. Lo que no te contaron en clase: I República Galega (en castelán)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • VV.AA. (2010): República Galega: umha aproximaçom histórica. A.C. Lucerna / A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos / A.C. Foucelhas / A Gentalha do Pichel / GalizaLivre.org / Escola Popular Galega / Editorial Corsárias.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar