Miguel Maura

político español

Miguel Maura Gamazo, nado en Madrid o 13 de decembro de 1887 e finado en Zaragoza o 3 de xuño de 1971, foi un político español.

Infotaula de personaMiguel Maura

(1936) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte1971 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro 40°24′04″N 3°43′41″O / 40.401019, -3.728017 Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
10 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Soria (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
25 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Zamora (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
4 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Zamora (en) Traducir
Ministro do Interior de España
14 de abril de 1931 – 1 de outubro de 1931 – Santiago Casares Quiroga →
Deputado no Congreso dos Deputados
18 de abril de 1916 – 2 de outubro de 1920
← José Torres Sala (pt) TraducirSalvador Serra Lloret (pt) Traducir →
Circunscrición electoral: Pego
Concelleiro de Madrid
1 de xaneiro de 1916 –
Circunscrición electoral: Buenavista

Electo en: Q44543515 Traducir
Ministro de Gobernación
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciacalle del Príncipe de Vergara (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRosario López de Carrizosa (pt) Traducir (1909–) Editar o valor em Wikidata
PaisAntonio Maura Editar o valor em Wikidata  e Constancia Gamazo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSusana Maura Gamazo, Constancia Maura Gamazo (pt) Traducir, Gabriel Maura Gamazo e Honorio Maura Gamazo Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Miguel Maura, que era fillo do político monárquico Antonio Maura foi elixido deputado en 1916. Partidario primeiro e logo detractor da ditadura de Primo de Rivera evolucionou desde posicións monárquicas cara a un republicanismo sempre moderado.

Pertenceu, xunto a Niceto Alcalá-Zamora á Derecha Liberal Republicana, un dos partidos republicanos asinantes do Pacto de San Sebastián. Cando en agosto de 1931, Derecha Liberal troca o nome polo de Partido Republicano Progresista, Maura non estivo moi de acordo e, en xaneiro de 1932, abandona o novo partido xunto con trece deputados, para crear o Partido Republicano Conservador.

Foi un dos máis distinguidos políticos dos inicios da II República Española, na que chegou a ser Ministro da Gobernación durante o Goberno Provisional (abril-outubro 1931), producíndose durante o seu mandato os episodios da "queima dos conventos" e a proclamación da Primeira República Galega. Ao formarse en outubro de 1931 o novo goberno, presidido por Manuel Azaña, Maura xa non figurou nel.

Na primavera de 1936 alcanzaron forte eco, aínda que ningunha consecuencia práctica, os seus artigos xornalísticos reclamando a instauración dunha "ditadura republicana" como medida para saír da caótica situación político-social reinante desde a chegada ao poder da Fronte Popular.

Ao iniciarse a guerra civil atopábase de veraneo en La Granja. O Presidente da República, Manuel Azaña, ofreceulle a Presidencia dun Goberno "de unión nacional" para enfrontarse coa sublevación, oferta que Maura rexeitou (e que Azaña pasou a presentar a Martínez Barrio, quen aceptou).

De novo en Madrid e sabedor de que as milicias anarquistas buscábano para executalo, pediu axuda a Indalecio Prieto quen lle procurou un avión militar co que se trasladou a Tolosa (Francia), conseguindo así salvar a vida, a diferenza do seu irmán Honorio Maura, executado polas milicias anarquistas e comunistas no forte de Guadalupe en Irún no verán de 1936. Miguel Maura regresou a España en 1953 e alí permaneceu ata a súa morte en 1971.

Obra editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar