Presidente de Gabón

O presidente de Gabón é o xefe de Estado de Gabón.

Presidente da República Gabonesa
Président de la République gabonaise
Estandarte presidencial

ResidenciaPalacio Presidencial, Libreville
ÁmbitoGabón Gabón
Designado porSufraxio universal e directo
Duración7 anos
Creación17 de agosto de 1960
Primeiro titularLéon M'ba
Salario65,000 $ anuais[1]
Sitio webpresidence-gabon.ga

É elixido cada sete anos por sufraxio universal e directo. Un total de tres persoas (sen contar dous presidentes en funcións) exerceron o cargo de presidente dende a independencia do país en 1960.

Descrición do cargo editar

Elección editar

O presidente da república é elixido por sufraxio universal e directo para un mandato presidencial de sete anos, renovable. As eleccións son gañadas polo candidato que obteña o maior número de votos.[2] Todos os cidadáns gaboneses, homes e mulleres, que teñan polo menos corenta anos, que residiran en Gabón durante polo menos doce meses, e que gocen dos seus plenos dereitos civís e políticos son elixibles para o cargo de presidente.[2]

O Tribunal Constitucional pode ampliar os prazos previstos conforme ao artigo 11, pero as eleccións non poderán celebrarse máis de trinta e cinco días despois da data da decisión do Tribunal Constitucional. Se a aplicación das políticas dos parágrafos presentes pospón a elección a unha data máis alá do último día no cargo do actual presidente, permanecerá no cargo ata a elección do sucesor.[2]

Xuramento do cargo editar

O xuramento presidencial marca o comezo do mandato presidencial. Pode non ter lugar antes da decisión do Tribunal Constitucional de proclamar os resultados das eleccións oficiais.[2]

No momento do acceso do presidente ao cargo, este realizará o seguinte xuramento ante o Parlamento e o Tribunal Constitucional, coa man esquerda sobre a Constitución e a outra man levantada ante a bandeira nacional:

Prometo dedicar todas as miñas enerxías ao ben do pobo gabonés, asegurar o seu benestar e protexelos de toda desgraza, respectar e defender a Constitución e o Estado de Dereito, cumprir conscientemente os deberes da miña posición e ser xusto con todos.

Vacante editar

En caso de vacante do cargo presidencial por calquera motivo ou unha discapacidade permanente do actual presidente, afirmado polo Tribunal Constitucional convocado polo goberno a través da maioría absoluta dos seus membros, ou no seu defecto, polas mesas das dúas cámaras do Parlamento con maioría dos seus membros, o presidente do Senado exercerá temporalmente as funcións de presidente da república, ou en caso de discapacidade permanente do presidente do Senado, afirmado polo Tribunal Constitucional convocado nas mesmas condicións, o vicepresidente primeiro do Senado desempeñará temporalmente as funcións da oficina presidencial.[2]

A autoridade que asuma o cargo presidencial interino investirase temporalmente cos deberes e poderes completos do presidente da república, coa excepción de determinados deberes e poderes previstos nos artigos 18, 19 e o primeiro parágrafo do 116. O presidente interino non poderá presentarse como candidato ás seguintes eleccións presidenciais.[2]

En caso de vacante, ou se a discapacidade do presidente é declarada permanente polo Tribunal Constitucional, as votacións para novo presidente, excluídos os casos de emerxencia anunciados polo Tribunal Constitucional, terán lugar entre trinta e sesenta días despois do inicio da vacante ou da declaración dunha incapacidade permanente do presidente.[2]

Lista editar

Lenda

Partidos políticos

Status

  •      Presidente en funcións
Foto Nome Eleccións Mandato Afiliación política Primeiro Ministro
Inicio Fin Tempo no cargo
1   Léon M'ba
(1902–1967)[a]
1961
1967
17 de agosto de 1960 27 de novembro de 1967
(morto no cargo)
7 anos e 102 días BDG El mesmo
2   Omar Bongo Ondimba
(1935–2009)[b]
1973
1979

1986
1993
1998
2005

2 de decembro de 1967 8 de xuño de 2009
(morto no cargo)
41 anos e 188 días BDG/PDG Léon Mébiame
Casimir Oyé-Mba
Paulin Obame-Nguema
Jean-François Ntoutoume Emane
Jean Eyeghé Ndong
-   Didjob Divungi Di Ndinge
(1946–)[c]
- 6 de maio de 2009 10 de xuño de 2009 35 días ADERE Jean Eyeghé Ndong
-   Rose Francine Rogombé
(1942–2015)[d]
- 10 de xuño de 2009 16 de outubro de 2009 128 días PDG Jean Eyeghé Ndong
Paul Biyoghé Mba
3   Ali Bongo Ondimba
(1959–)[e]
2009
2016
16 de outubro de 2009 30 de agosto de 2023 13 anos e 318 días PDG Paul Biyoghé Mba

Raymond Ndong Sima

Daniel Ona Ondo

Emmanuel Issoze-Ngondet

Julien Nkoghe Bekale

-   Brice Oligui - 30 de agosto de 2023 presente 246 días Militar Vacante
  1. Brevemente interrompido durante o golpe de Estado do 17-18 de febreiro de 1964
  2. Anteriormente chamado Albert-Bernard Bongo. Cambiou de nome o 29 de setembro de 1973, despois de converterse ao islam. Engadiu Ondimba ao nome o 15 de novembro de 2003.
  3. Presidente en funcións mentres Bongo estivo hospitalizado.
  4. Sucedeu constitucionalmente a Bongo tras a morte deste.
  5. Fillo de Omar Bongo Ondimba.

Notas editar

  1. "Top 15 Highest Paid African Presidents 2017" (en inglés). 15 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Constitución de Gabón" (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar