Libreville é a capital do Gabón e o principal centro urbano do país. A súa poboación calculábase nuns 578.156 habitantes (2005). E tamén a capital do distrito do Estuaire.

Modelo:Xeografía políticaLibreville
Imaxe

Localización
Mapa
 0°23′24″N 9°27′16″L / 0.3901, 9.4544Coordenadas: 0°23′24″N 9°27′16″L / 0.3901, 9.4544
PaísGabón
Província (pt) TraducirEstuaire (pt) Traducir
Departamentos (pt) TraducirLibreville (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación797.003 (2012) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porGabon Estuary (en) Traducir e Golfo da Guinea Editar o valor em Wikidata
Altitude13 m Editar o valor em Wikidata
Creación1849 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina weblibreville.ga Editar o valor em Wikidata

A cidade é un porto á beira do río Gabón, na súa desembocadura no golfo da Guinea.

Clima editar

O clima de Libreville é de tipo ecuatorial. A temperatura media anual é de 26 °C (a oscilación das maiores está entre 26 e 30 °C, mentres as máis baixas móvense entre os 22 e os 24 °C), e as precipitación alcanzan os 2.509,5 mm como media. A temporada seca comeza en maio e remata en setembro. O mes máis chuvioso é novembro con 373,4 mm, e o máis seco xullo cun 2,5 mm, como media.

Historia editar

Foi fundada no ano 1843 como posto avanzado comercial nunha zona área naquela altura próxima dos Mpongwè. Os escravos liberados eran enviados á nacente cidade, polo que en 1848 a foi nomeada Libreville (en francés cidade libre).

Entre 1934 e 1946 foi o porto principal da África Ecuatorial Francesa.

Economía editar

Libreville é un dos máis importantes centros do comercio de madeira (okumé especialmente) da África central. A zona industrial e portuaria atópase na periferia sur da cidade, no concello de Owendo. Acolle infraestruturas para minerais, portuarias e industriais. O porto de minerais exporta a produción de manganeso do Alto-Ogooué (Haut-Ogooué), que chegan a través do ferrocarril do Transgabonais. Para alén dos servizos centrais do Estado, a capital gabonesa agrupa numerosas actividades terciarias. En Mont-Bouët áchase o maior mercado do país con centenares de tendas de venda ao detall. Hai aínda dous grandes hipermercados, un denominado Mbolo ("bo día" nalgunhas linguas indíxenas) e o xigante Ceca.

Institucións educativas editar

A Universidade Omar Bongo é o centro educativo superior máis importante do país. Libreville é tamén a sede da Escola de Administración e da Escola de Leis do Gabón.

Comunicacións editar

Nas súas proximidades sitúase o Aeroporto internacional de Libreville, que acolle a sede da compañía aérea do país: Air Gabon.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar