Presidente de Cantabria

O presidente de Cantabria, segundo o Estatuto de Autonomía de Cantabria, preside o Goberno de Cantabria, coa función de dirixir, coordinar a Administración da comunidade autónoma, designar e separar os conselleiros e ostentar a suprema representación da comunidade autónoma e a ordinaria do Estado en Cantabria. É elixido polo Parlamento de Cantabria entre os seus membros e é nomeado polo rei.

O Parlamento elíxeo por maioría absoluta en primeira convocatoria e por maioría simple nas posteriores. Entre cada convocatoria teñen que transcorrer como mínimo corenta e oito horas. Se pasados dous meses desde a constitución do Parlamento non é elixido ningún candidato, este disolverase procedéndose a convocar novas eleccións.

Antes da entrada en vigor do Estatuto e de constituírse Cantabria como comunidade autónoma, o órgano que regulaba o goberno de Cantabria era a Deputación Provincial de Santander, na cal o presidente da Deputación realizaba as tarefas propias do goberno da provincia.

Lista de presidentes editar

Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
1   José Antonio Rodríguez 15 de marzo de 1982 26 de marzo de 1984 Independente
2   Ángel Díaz de Entresotos 26 de marzo de 1984 27 de xullo de 1987 AP
3   Juan Hormaechea 27 de xullo de 1987 10 de decembro de 1990 Independente
4   Jaime Blanco 10 de decembro de 1990 5 de xullo de 1991 PSC-PSOE
5   Juan Hormaechea 5 de xullo de 1991 14 de xullo de 1995 UPCA/PP
6   José Joaquín Martínez Sieso 14 de xullo de 1995 30 de xuño de 2003 PP
7   Miguel Ángel Revilla 30 de xuño de 2003 23 de xuño de 2011 PRC
8   Ignacio Diego 23 de xuño de 2011 6 de xullo de 2015 PP
9   Miguel Ángel Revilla 6 de xullo de 2015 actualidade PRC

Liña temporal de presidentes editar

Miguel Ángel RevillaIgnacio DiegoMiguel Ángel RevillaJosé Joaquín Martínez SiesoJuan HormaecheaJuan HormaecheaJaime BlancoJuan HormaecheaÁngel Díaz de EntresotosJosé Antonio Rodríguez Martínez

Véxase tamén editar

Outros artigos editar