Ignacio Diego
Juan Ignacio Diego Palacios, nado en Castro Urdiales, Cantabria, o 18 de maio de 1960, máis coñecido por simplemente Ignacio Diego ou Nacho Diego, é un político español, oitavo presidente de Cantabria desde xuño de 2011 e sétima persoa que ocupa este cargo.
Biografía | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1960 (63 anos) Castro Urdiales, España | ||||||||||
Cargos | |||||||||||
Presidente de Cantabria | |||||||||||
Período | 23 de xuño de 2011 – | ||||||||||
Antecesor | Miguel Ángel Revilla | ||||||||||
Presidente do PP de Cantabria | |||||||||||
Período | 13 de novembro de 2004 – | ||||||||||
Antecesor | José Joaquín Martínez Sieso | ||||||||||
Alcalde de El Astillero | |||||||||||
Período | 23 de xuño de 1995 – 25 de outubro de 2006 | ||||||||||
Antecesor | Juan Antonio Maestro | ||||||||||
Sucesor | Carlos Cortina | ||||||||||
Deputado do Parlamento de Cantabria | |||||||||||
Período | 27 de maio de 2007 – | ||||||||||
Datos persoais | |||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||
Relixión | Católico | ||||||||||
Educación | Universidade de Valladolid | ||||||||||
Actividade | |||||||||||
Ocupación | Político | ||||||||||
Partido político | Partido Popular (PP) | ||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||
Familia | |||||||||||
Cónxuxe | María Luisa Castañeda | ||||||||||
Lista
|
Foi elixido concelleiro no concello de El Astillero nos comicios de 1987 e 1991, e desempeñou as tarefas de alcalde do mesmo municipio tras as eleccións de 1995, 1999 e 2003. Desde 2004 preside o Partido Popular de Cantabria.
Carreira política editar
No ano 1988 foi elixido presidente de Nuevas Generaciones do Partido Popular de Cantabria e foi deputado do Congreso, membro do gabinete da presidencia da Asemblea Rexional e director xeral de Medio Ambiente.
Desde 1995 ocupou o cargo de alcalde do municipio de El Astillero con maioría absoluta e en novembro de 2004 foi elixido presidente do PP de Cantabria, substituíndo a José Joaquín Martínez Sieso no cargo. Ignacio Diego é deputado do Grupo Popular, membro da Comisión de Regulamento e forma parte tamén da Deputación Permanente.
En outubro de 2006 anunciou a súa dimisión como alcalde de Astillero para presentarse á presidencia do Goberno de Cantabria como candidato do PP nas eleccións autonómicas de 2007.[1]
Nestes comicios, Ignacio Diego obtivo 17 escanos, polo que non conseguiu a maioría absoluta, dando lugar a que o pacto entre socialistas (PSC-PSOE) e rexionalistas (PRC) se revalidara de novo.
Foi reelixido presidente do Partido Popular de Cantabria co 94,5% dos votos no X Congreso Rexional, celebrado en Santander o 4 de outubro de 2008.
Presidencia de Cantabria editar
Nas eleccións do 22 de maio de 2011 gañou por maioría absoluta os comicios fronte ao anterior presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla. O 23 de xuño do mesmo ano foi investido polo Parlamento como novo presidente autonómico[2] e o luns 27 de xuño tomou posesión como tal.
Cargos desempeñados editar
- Presidente de NNGG de Cantabria.
- Alcalde de El Astillero. (1995-2006)
- Presidente do PP de Cantabria. (Desde 2004)
- Deputado do Parlamento de Cantabria. (Desde 2007)
- Presidente de Cantabria. (desde 2011)
Notas editar
- ↑ «Ignacio Diego anuncia su dimisión como alcalde», en El Diario Montañés Consultado o 2 de agosto de 2013.
- ↑ «Ignacio Diego ya es presidente de Cantabria», en El Diario Montañés Consultado o 2 de agosto de 2013.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ignacio Diego |
Predecesor: Juan Antonio Maestro |
Alcalde de El Astillero 1995-2006 |
Sucesor: Carlos Cortina |
Predecesor: José Joaquín Martínez Sieso |
Presidente do PP de Cantabria 2004-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: José Joaquín Martínez Sieso |
Líder da oposición en Cantabria 2004-2011 |
Sucesor: Miguel Ángel Revilla |
Predecesor: Miguel Ángel Revilla |
Presidente de Cantabria 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Lola Gorostiaga |
Portavoz do Goberno de Cantabria 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |