Prefectura de Altai

Prefectura da China

Coordenadas: 47°00′N 88°22′L / 47.000, -88.367

A prefectura de Altai, en chinés 阿勒泰地区, en pinyin Ālètài Dìqū, en uigur ئالتاي ۋىلايىتى (transcrición: Altal Wilayiti), é unha división administrativa (prefectura) dependente da prefectura autónoma casaca de Ilí, situada no norte da rexión autónoma de Xinjiang, na República Popular da China.

Localización da prefectura de Altai (vermello) na prefectura autónoma casaca de Ilí (vermello claro), no Xinjiang (alaranxado).

Comparte fronteira internacional coa veciña República de Altai, Rusia.

Xeografía editar

Situada a unha altitude media de 887 msnm, a prefectura ten unha superficie de 118 015 km².

A súa poboación, no ano 2010, era de 603 283 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 5,11 hab./km².

A súa capital é a cidade de Altai, que contaba cunha poboación no ano 2016 de 199 037 habitantes.[1]

Clima editar

As temperaturas medias varían desde aproximadamente -16,1 °C durante o mes máis frío a +22,0 °C durante o mes máis quente, cunha media anual de 4,3 °C (datos de 1991), e as precipitacións son de 175,3 mm (dato de 1990).[2]

División administrativa editar

A prefectua de Altai administra unha cidade e seis condados:

  • Cidade-condado de Altai 阿勒泰市
  • Condado de Burqin 布尔津县
  • Condado de Fuyun 富蕴县
  • Condado de Fuhai 福海县
  • Condado de Habahe 哈巴河县
  • Condado de Qinggil 清河县
  • Condado de Jeminay 吉木乃县

Grupos étnicos do distrito administrativo de Altai (ano 2000) editar

Do mesmo xeito que noutras prefecturas da Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang, hai moitas minorías na de Altai, en particular casacos e uigures. No censo do ano 2000, a prefectura de Altai era a única subdivisión importante da prefectura autónoma de Ili Kazakh, cunha maioría étnica de casacos (aproximadamente o 51 %), seguida dos chineses han, con case o 41 %.

Grupo étnico Poboación Porcentaxe
Casacos 288 612 51,38 %
Han 229 894 40,93 %
Hui 22 166 3,95 %
Uigures 10 068 1,79 %
Mongois 5 486 0,98 %
Dongxiang [3] 1 724 0,31 %
Tártaros 1 236 0,22 %
Outros 2 481 0,44 %

Nas escolas da prefectura, aos estudantes se lles imparten as clases principalmente en chinés (mandarín), pero hai cursos para estudar as linguascasaca e uigur.

Economía editar

En 2007 tiña un PIB de 9,9 millóns de renminbis, cunha taxa de crecemento do 12 %.

Galería editar

Notas editar

  1. "2016 Altay City National Economic and Social Development Statistical Communique". Consultado o 28 de marzo de 2019. [Ligazón morta]
  2. "Copia arquivada" 中国地面国际交换站气候标准值月值数据集(1971-2000年) (en chinés). Administración Meteoreolóxica da China. Arquivado dende o orixinal o 21/09/2013. Consultado o 28/3/2019. 
  3. Os dongxiang (en chinés simplificado 东乡族; en chinés tradicional 東鄉族; en pinyin Dōngxiāng zú) son un grupo étnico de Asia, unha das 56 minorías oficialmente recoñecidas polo goberno da República Popular Chinesa. Relacionados cos mongois, a súa poboación aproximada é de 380 000 persoas, a maioría residentes no condado cutónomo Dongxiang da provincia de Gansu.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar