Praza Maior de Ourense

praza en Ourense

Coordenadas: 42°20′09″N 7°51′50″O / 42.335786111111, -7.8639138888889

Esta praza foi durante séculos o corazón do Casco Histórico da cidade de Ourense, e continúa sendo o principal centro de encontro desta. Destaca porque o chan está inclinado cara o lado do concello, é a única praza romana de Europa que conta con esta característica.

Praza maior (na actualidade)
Praza Maior

Historia editar

 
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Antigamente coñecida como Praza do Campo, creouse no século XII pero non foi ata os séculos XVI e XVII cando comezou a cobrar importancia na cidade, coa reforma urbana en Ourense, coa construción de novas vivendas, hospitais, empedrado das rúas, novos edificios públicos como a Casa Consistorial (levantada a comezos do século XVI e reformada a finais do século XVII) e a ermida dos Santos Cosme e Damián onde se situaba a escola de primeiras letras.

Obras arquitectónicas da praza editar

Nesta praza están algunhas das principais obras romanas da cidade. No lateral que non está ocupado por soportais atópase a fachada da Casa Consistorial (Casa do Concello), obra de José Antonio Queralt Rauret, a finais do século XIX. Conta cunha fachada clasicista, cun baixo cun pórtico, balcón no primeiro andar e remate con brasón que é unha representación gráfica con forma de escudo, neste caso o da cidade e remata cunha pequena torre do reloxo.

Ao lado está o antigo palacio Episcopal, que agora é o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. É o edificio de estilo románico máis completo da cidade, a súa estrutura conta con elementos romanos, góticos, renacentistas, barrocos e modernos. Comezouse a construír no século XII e foi moi relevante na organización urbana do Ourense medieval.

 
Casa Fermín García

Os outros tres laterais contan con soportais e forman o “Espolón” que é como se coñece o antigo paseo da nobreza, para o faladoiro. Sobre isto hai vivendas dos séculos XVII e XIX, entre elas a casa de Fermín García, deseño de Daniel Vázquez Gulías, arquitecto que contribuíu ao urbanismo e a transformación da cidade, mediante os encargos da burguesía da época. Hoxe é un espazo de exposición, adornado cun toque de modernismo.

Antigamente realizábase cada ano a feira de San Martiño, que duraba do 1 ao 15 de novembro. Os veciños prestaban os soportais aos mercaderes para que expuxeran os seus produtos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar