Un soportal[1] é o espazo cuberto que precede á entrada dalgúns edificios[2] que se forma sostendo a parte dianteira do mesmo con columnas ou piares[3]. Adoita denominarse en plural: soportais.

Soportais en Lugo.

As máis das veces os soportais esténdense nas casas acaroadas de toda unha rúa, un casal (ou rueiro) ou unha praza, e dispóñense ante as entradas e baixo a parte máis adiantada cara a rúa dos andares superiores, permitindo o tránsito cuberto de peóns a través del, paralelamente á propia rúa. A súa forma é a dun cuberto, loxa, atrio ou pórtico alongado; aínda que non se limita á entrada principal (como sucede en pórticos e atrios). Os soportais adoitan percorrer totalmente a fachadadun ou varios edificios; e no caso das rúas asoportaladas ou porticadas continúan en toda a lonxitude da rúa, frecuentemente a ambas as dúas beiras.

Son moi frecuentes na arquitectura rural (non moito na galega) e caracterizan dende a Idade Media as rúas comerciais e prazas principais das cidades históricas de moitos lugares de Europa, España e Galicia, como Santiago de Compostela . Cando non responden a un deseño planificado non hai unidade nas súas dimensión e aspecto (por exemplo, na multiplicidade de elementos sustentantes -columnas, piares ou pés dereitos-). Unhas son alinteladas e outras abovedadas, ou sustentadas en galerías de arcos (arcadas).

Fican vinculados á función comercial co gallo de manter mercadorías e persoas abeiradas da choiva e o sol, por iso son tan útiles na arquitectura urbana galega.

Soportais en Galicia editar

Os soportais son moi comúns na arquitectura urbana de Galicia dende a Idade Media. Aparecen en moitas vilas costeiras cara ás praias e na maior parte de prazas maiores e rúas vellas de vilas e cidades, dende os máis sinxelos alintelados até os máis desenvolvidos con arcos. Non son comúns na arquitectura rural vernácula.

Galería de imaxes editar

En Galicia editar

Fóra de Galicia editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para soportal.
  2. Definición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999
  3. "Definición en Portal das Palabras da [RAG]". Consultado o 6 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar