Praia do Lérez
A praia do Lérez é unha praia galega situada no municipio de Pontevedra. É unha praia fluvial semiurbana cunha lonxitude de 100 metros.
Praia do Lérez | |
---|---|
Vista da praia do Lérez | |
Coordenadas: 42°26′41″N 8°38′00″O / 42.444722222222, -8.6333333333333 | |
Características xerais | |
Localización | Pontevedra |
Lonxitude | 100 m |
Largo medio | 20 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Ningún |
Paseo marítimo | Non |
Características específicas | |
Tipo de praia | Fluvial |
Tipo de area | Branca e fina |
Condicións do baño | Augas tranquilas |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | Si |
Tipo de acceso | Rampla |
Localización e acceso editar
A praia está situada na marxe esquerda do río Lérez, a uns 3 quilómetros da súa desembocadura na ría de Pontevedra, a 2 quilómetros do centro da cidade e a menos dun quilómetro do barrio de Monte Porreiro. Está situada fronte ao parque da Illa das Esculturas e moi preto da antiga ponte do ferrocarril. Aquí celébranse as tradicionais comidas campestres da romaría de San Benitiño de Lérez, onde é típico comer mexillóns.[1]
É facilmente accesible a pé desde o centro da cidade, ao longo do paseo do Lérez e desde o barrio de Monte Porreiro. Tamén se pode chegar en coche. A ruta de sendeirismo do Lérez comeza neste punto e percorre varios quilómetros ata Ponte Bora.
Descrición editar
É un areal recto, situado nunha contorna semiurbana. É unha praia fluvial de area branca. Ao redor da praia hai 5.000 metros cadrados de zonas de céspede e unha zona de pícnic con mesas e bancos de pedra. Tamén hai un pequeno peirao con chanzos de pedra sobre o río e un pequeno parque infantil. Toda a zona ocupa un total de 3 hectáreas.[2]
É unha zona de augas tranquilas que se beneficia dun pequeno brazo morto do Lérez. O mar está preto, polo que está suxeita á subida e baixada das mareas da ría de Pontevedra.[3] O Servizo de Costas autorizou a súa apertura.[4] A praia conta con aseos, duchas, servizo de socorrismo, posto de primeiros auxilios, acceso para discapacitados, un pequeno aparcadoiro, papeleiras e un quiosco. A calidade da auga é boa.[5] O baño está vixiado desde finais de xuño ata finais de agosto, de 12:30 a 20:30.[6]
A praia abriuse ao baño o 11 de xuño de 2009.
Galería editar
Notas editar
- ↑ "Llega San Benitiño de Lérez, «o santo máis milagreiro»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2016.
- ↑ "La playa fluvial del Lérez cumple diez veranos". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de xullo de 2019.
- ↑ "La renovada playa fluvial del Lérez, «libre de fumes»". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2020.
- ↑ "La playa fluvial del Lérez cumple diez veranos". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de xullo de 2019.
- ↑ "La calidad de las aguas del 90% de las playas de la Pontevedra es "excelente" y mejora la del Lérez". Faro (en castelán). 24 de abril de 2019.
- ↑ "Pontevedra declara la playa fluvial del Lérez "libre de fume"". Diario de Pontevedra (en castelán). 17 de xuño de 2020.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia do Lérez |
Bibliografía editar
- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 109. ISBN 978-8403509344..