Romaría de San Benitiño de Lérez

Coordenadas: 42°26′57″N 08°37′56″O / 42.44917, -8.63222

A romaría de San Benitiño de Lérez é unha festa popular celebrada o 11 de xullo (día de san Bieito) no mosteiro de San Salvador de Lérez. A romaría, que se vén realizando desde 1929, está declarada festa de interese turístico de Galicia.

Fieis ante a figura do santo.

Historia e características editar

 
Interior do templo.

Os devotos do santo levan a cabo ritos para a sandación de todo tipo de enfermidades (especialmente espullas), co contacto de panos co aceite da lámpada que ilumina a imaxe do santo, considerado milagreiro. Durante todo o día lévanse a cabo oficios relixiosos no templo. Os fieis fan ofrendas ao santo (especialmente cartos, galiñas e ovos), que son vendidos nunha poxa pola tarde.

Do outro lado do río hai festa popular, motivo polo cal hai decote barcas engalanadas cruzando o meandro do río Lérez pouco máis arriba da illa do Covo. Á parte dunha mexilloada tradicional, os fieis adoitan levar a súa comida. A romaría está amenizada por músicos: pandeireteiras pola mañá, gaiteiros pola tarde e verbena con orquestras pola noite.

Hai unha cantiga popular sobre a romaría:

Se vas ao San Benitiño
non vaias ao de Paredes,
que hai outro máis milaghreiro
San Benitiño de Leres

(Versión recollida por Calros Solla)[1]

Se vas ao San Benitiño,
non vaias ao de Paredes,
que é moito máis milagroso
San Benitiño de Lérez

(Versión recollida por Ramón Cabanillas)[2]

Notas editar

  1. Solla, Calros (30 de decembro de 2014). "Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional" (PDF). Escrita contemporánea (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) (20. Actas da VII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Amuletos e reliquias. Usos e crenzas): 110. ISSN 1989-7340. 
  2. Cabanillas, Ramón (2020). Antífona da cantiga. Editorial Galaxia. ISBN 9788491516583.