Portugués (moeda)

antiga moeda de ouro portuguesa

O portugués foi unha antiga moeda portuguesa de ouro,[1] introducida por Manuel I no século XVI. Era a moeda de maior valor da Europa do seu tempo e foi moi imitada en diferentes estados do continente.[2][3][4]

Portugués da ceca de Lisboa cuñado ca. 1499-1502 por Manuel I (anverso).

Historia editar

A súa creación débese ao rei de Portugal Manuel I (1495-1521),[5] que a concibiu como un medio para conmemorar as descubertas portuguesas e a constitución do Imperio Portugués. A primeira vez que se cuñou foi pouco antes da viaxe de Vasco da Gama, que xa levou algunhas destas moedas na súa expedición á India en 1497.[4][6]

Tratábase dunha emisión de prestixio para se utilizar en grandes transaccións comerciais, non na circulación cotiá, sinaladamente na adquisición de especias en Asia.[6]

O fillo de Manuel I, Xoán III (1521-1557), fixo as dúas derradeiras emisións do portugués, unha delas en 1525 na ceca de Lisboa e a outra ca. 1537-1538 na ceca do Porto.[7][8] Estímase que se cuñaron arredor de 400.000 portugueses de ouro entre 1500 e 1538, equivalentes a 14,2 toneladas de ouro.[6]

En novembro de 2011, a Imprensa Nacional-Casa da Moeda cuñou en cuproníquel unha tiraxe de 150.000 exemplares dunha réplica conmemorativa do portugués, co valor facial de 7,50 euros.[9][10]

Caracterización editar

 
Portugués da ceca de Lisboa cuñado por Xoán III (reverso).

Estes son os trazos definitorios do portugués de ouro de Manuel I e de Xoán III:[5][6][11]

O portugalöser editar

 
Portugalöser dos Países Baixos do século XVII.

O portugués de ouro acadou tal prestixio internacional, sinaladamente nas ricas cidades comerciais da Liga Hanseática, que moitos reinos e cidades do norte de Europa comezaron a cuñar as súas propias versións da moeda, coa denominación de portugalöser ou portugaleser, dotadas de diferentes valores, desde os 2,5 aos 10 ducados.[12] Con frecuencia, estas imitacións do portugués mantiñan como trazo característico a cruz de Cristo dos reversos.

Moito despois do cesamento da cuñaxe do portugués en Portugal, a emisión dos portugalöser continuou en Alemaña, nos Países Baixos, en Polonia, en Suecia e en Dinamarca durante o século XVII.[12][13] Nos Países Baixos, as cidades de Deventer e de Zwolle producíronos entre 1640 e 1641 para o comercio do azucre que se cultivaba no Brasil holandés.[3][6]

A cidade de Hamburgo en particular emitiu un amplo número destas moedas entre 1553 e 1560, e a partir de 1667 cuñounas a modo de medallas conmemorativas, unha tradición que aínda se mantén, como recoñecemento aos seus cidadáns polos méritos e os seus servizos destacados á cidade.[12]

Notas editar

  1. "Português". En Dicionário Estraviz.
  2. "Portuguez". En Frey, A. R. (1916). Páxina 189.
  3. 3,0 3,1 "Portogallese, Portugalöser, Portugais, Portuguez, Portoghese Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". En Martinori, E. (1915).
  4. 4,0 4,1 "Moeda rara: Português". Numisma Leiloões.
  5. 5,0 5,1 "Português - Manuel I". Numista.com
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Trigueiros, A. M. (2016). Páxina 48.
  7. Portugueses a nome de Xoán III: Lisboa (1525) e Porto (1537-1538). Numista.com
  8. "Monetary emissions of the reign of D. João III". En Lobo Vieira, R. M. (2000). Páxina 162.
  9. "Português de D. Manuel (normal)". Imprensa Nacional-Casa da Moeda.
  10. "7½ Euro Numismatic Treasures - D. Manuel I of Portugal". Numista.com
  11. "Monetary emissions of the reign of D. Manuel I". En Lobo Vieira, R. M. (2000). Páxina 130.
  12. 12,0 12,1 12,2 "Portuguez". En Frey, A. R. (1916). Páxinas 188-189.
  13. "Portugalöser" e "Portuguez". En Hazlitt, W. C. (1893). The Coinage of the European Continent: With an Introduction and Catalogues of Mints Denominations and Rulers. Vol. 1. Swan Sonnenschein. Páxina 225.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar