Portal:Historia/Efemérides destacadas/21 de abril
- 43 a.C, ten lugar a batalla de Mutina, na que Marco Antonio é derrotado por Aulo Hircio, que posteriormente sería asasinado, Marco Antonio non logra capturar Módena e Décimo Bruto é asasinado pouco despois.
- 586, morre Leovixildo, rei dos Visigodos.
- 1509, Henrique VIII ascende ao trono de Inglaterra, trala morte do seu pai Henrique VII.
- 1907, nace Enrique Líster, militante comunista e dirixente militar republicano galego durante a Guerra Civil
- 1918, o aviador alemán Manfred von Richthofen, máis coñecido como Barón Vermello morre ao recibir un disparo cando estaba voando sobre Vaux-sur-Somme.
- 1926, nace Isabel II, raíña do Reino Unido.
- 1945, as forzas soviéticas localizadas ao sur de Berlín atacan a sede do Alto Mando alemán.