Portal:Bretaña/Lugar de interese/Arquivo

Aquí están todos os lugares de interese destacados no portal Bretaña:

1 editar

Rennes (en bretón: Roazhon, en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico.

Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.

Trala Segunda Guerra Mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.


2 editar

O golfo de Morbihan (en bretón: Mor Bihan Gwened, que significa "pequeno mar") é un pequeno mar interior, situado ao sur do departamento de Morbihan, na Bretaña. Ten 20 km de longo e 15 km de ancho. Ábrese polo sur ao océano Atlántico por unha estreita pasaxe entre as vilas de Locmariaquer e Port-Navalo, porto da vila de Arzon. No seu interior cóntanse 43 illas, aínda que a maioría son de superficie moi reducida e non están habitadas, e outras son propiedades privadas. As illas maiores son Izenah e An Arzh, e cada unha forma un concello.

Tradicionalmente, a actividade económica dos habitantes tanto das illas como das ribeiras do golfo sempre estivo moi estreitamente ligada ao mar: a pesca, a colleita de moluscos e as salinas. Case todas as salinas foron transformadas no século XX en granxas para a cría de ostras, aínda que algunhas están sendo recuperadas para a produción artesanal de sal. Máis recentemente, a maior actividade económica do golfo xira en torno ao turismo.

O golfo de Morbiban constitúe unha gran reserva ornitolóxica, con todo tipo de aves tanto de estancia permanentes como en escala migratoria ou en período de cría. Desde 2008 é Reserva Nacional de Caza e de Fauna Silvestre.


3 editar

Portal:Bretaña/Lugar de interese/3

4 editar

Portal:Bretaña/Lugar de interese/4

5 editar

Portal:Bretaña/Lugar de interese/5

6 editar

Portal:Bretaña/Lugar de interese/6

7 editar

Portal:Bretaña/Lugar de interese/7

8 editar

Portal:Bretaña/Lugar de interese/8

9 editar

Portal:Bretaña/Lugar de interese/9

10 editar

Portal:Bretaña/Lugar de interese/10