Porqueira

concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense

Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».

Modelo:Xeografía políticaPorqueira
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°01′04″N 7°50′40″O / 42.017777777778, -7.8444444444444Coordenadas: 42°01′04″N 7°50′40″O / 42.017777777778, -7.8444444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalForxa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación841 (2023) Editar o valor em Wikidata (19,38 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie43,4 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude635 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataSusana Vázquez Dorado Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Porqueira Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32062 Editar o valor em Wikidata

Poboación editar

Censo total 901 (2015)
Menores de 15 anos 35 (3.88 %)
Entre 15 e 64 anos 430 (47.72 %)
Maiores de 65 anos 436 (48.39 %)
Evolución da poboación de Porqueira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.058 2.899 3.104 1.952 1.130 1.103 1.043 1.005 961 931 901 859 848 830 815 823 828
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

O concello ten 43 km² e abrangue 30 entidades de poboación repartidas en 6 parroquias. Limita ao norte con Rairiz de Veiga, ao sur con Calvos de Randín e Os Blancos, ao leste con Xinzo de Limia e ao oeste con Bande e Muíños. A capital é A Forxa, situada a 52 km de Ourense.

Dentro da comarca da Limia o concello atópase nun estreitamento entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. O val do río en dirección leste a oeste é o límite setentrional do concello, encaixado entre os montes de Bande e a serra do Xurés.

Historia editar

A historia de Porqueira ten o seu apoxeo na Idade Media, cando existían o mosteiro de Porqueira e o castelo de Porqueira, do que só se conserva a torre. No século XII o rei Fernando II concedeulle a terceira parte da poboación ao Conde Fernando Arias da Casa de Traba.

Patrimonio editar

Castelo editar

Non se coñece a data de fundación do mosteiro de Porqueira, pero posiblemente na súa orixe fose de carácter familiar e hereditario. A mediados do século XII foi rexentado pola Orde de Cóengos Regulares de San Agostiño. En 1157 o rei Afonso VII cedeullo á catedral de Ourense.

Na primavera de 1387 foi ocupado polo duque de Lancaster, no contexto da guerra contra Pedro I iniciada en 1366. A mediados do século XV pertencía aos Benavente, e viuse envolto na revolta irmandiña.

Ao longo da Idade Moderna sufriu un proceso de ruína común a moitos outros castelos, e foron desaparecendo as edificacións, quedando só a torre. En 1837, trala creación do municipio como tal, creáronse alí as oficinas do concello de Porqueira, e máis tarde pasou a ser propiedade privada. Isto puxo en perigo a existencia da torre, que se puxo a venda como canteira de perpiaños.

Mosteiro editar

Non se coñece tampouco a orixe do mosteiro de Porqueira. Consérvanse varios documentos datados entre 1181 e 1228 nos que os reis Fernando II e Afonso IX doaban parte do mosteiro á diocese de Ourense.

Posteriormente foi ocupado por monxes da orde dos Xerónimos, sendo esta a súa única sede na actual provincia de Ourense. Foi nesta época cando tivo maior esplendor. Sendo prior Jordán construíuse a igrexa e o claustro. Este prior, así como os seus sucesores, recibían os títulos de abade de San Lourenzo, prior e señor de Guía e Cartelas, e señor xurisdicional da Forxa. Tiñan a facultade de nomear xuíz ordinario e escribán para cada unha das catro entidades.

O título de prior foi conservado polo párroco de Santa María a Real de Porqueira. Un deles peiteou coa Mitra acerca dos seus dereitos e regalía, e para eximirse de visita pastoral, a Cámara decidiu a favor do prior, posto que pertencía ó padroado real.

Porqueira na literatura popular editar

  • O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [1].
  • Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela [2].
  • Baixa abaixo Castelaus, que Porqueira xa baixou, Faramiñás leva a sona, porque sempre a levou (recollida por Antón Méndez Gándara en Faramiñás. Ano 1994).

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Porqueira

Paradela de Abeleda (San Xoán) | Porqueira (Santa María) | Sabucedo (San Salvador) | San Lourenzo de Abeleda (San Lourenzo) | San Martiño de Porqueira (San Martiño) | Sobreganade (San Mamede)

Lugares de Porqueira editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porqueira vexa: Lugares de Porqueira.

Notas editar

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, Porqueira.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.