Ponza (en italiano: Isola di Ponza) é a máis grande do arquipélago italiano das Illas Ponziane, localizado a 33 km ao sur de Cabo Circeo no Mar Tirreno. Así mesmo, e o nome do municipio da illa, que forma parte da provincia de Latina na rexión do Lacio.

Ponza
Vista da illa
Localización da illa.
Situación
PaísItalia Italia
ComunaPonza
ProvinciaLatina
ArquipélagoIllas Ponziane
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 40°54′00″N 12°58′00″L / 40.9, 12.966666666667
Xeografía
Superficie7,3 km²
Longura máxima7 km
Largura máxima2,3 km
Punto máis alto279 m. Monte Guardia
Demografía
CapitalPonza
Poboación3360 hab.
Lingua propiaItaliano

Historia editar

A illa foi habitada desde o neolítico. Segundo as lendas locais, Ponza foi chamada así por Poncio Pilato, gobernador romano de Xudea que acusou de herexía a Xesús de Nazaret. Esta lenda é controvertida entre os historiadores, porque o nome de "Pontia" aparece na Xeografía de Estrabón.

Ponza sufriu numerosas invasións, do mesmo xeito que a veciña Sicilia e foi conquistada nun momento ou outro por Inglaterra, España, Grecia, Francia, musulmáns, Cartago, Libia, Exipto, e Fenicia. Ata un lugar en Ponza central chámase "Campo Inglese", que significa "Campamento Inglés" por ser onde se formaban as tropas. Aínda se poden ver varias fortalezas ao redor da illa.

Períodos grego e romano editar

Na antigüidade, a illa chamábase Tirrenia. A lenda di que Ponza é o que queda da illa perdida de Tirrenia. Dise que Ponza estaba conectada ao continente por unha estreita franxa de terra, que se afundiu no mar coa maior parte da illa. O mesmo fenómeno ocorreu en Capri. Segundo a lenda, houbo unha gran cidade na antiga illa e avances arqueolóxicos recentes mostran que isto pode ser certo. Por exemplo, descubriuse que o chan do porto de Pozzuoli afundiuse e rexurdiu varias veces nos últimos 5.000 anos, revelando templos romanos afundidos.

Ponza foi colonizada polos etruscos. Na antigüidade a illa era moi boscosa con árbores xigantes, pero o bosque e as árbores extinguíronse e hoxe en día os outeiros están cubertos de socalcos feitos polo ser humano. O cerro máis alto da illa, chamado Monte Garda, aínda ten tocos das extintas árbores xigantes (sobre oito pés de ancho) en descomposición. Nestes socalcos prodúcense cultivos como uvas para viño, cactos e figueiras.

Tamén se cre que Ponza é a illa de Eea da Odisea de Homero, illa onde a feiticeira Circe tiña a súa cova. Hoxe en día é coñecida como Grotta della Maga Circe no lado oeste da illa, entre o Capo Bianco e a praia Chaia di Luna. Dicíase que vivía nesta cova nos meses de inverno e pasaba o verán na cima do próximo monte Circe na parte continental de Italia. Aquí é onde Circe converteu en animais os homes de Ulises e fixo o seu feitizo para seducilo e vivir con el por máis dun ano. No lado oeste de Ponza está a Grotta di Ulises O Del Sangue (cova de Ulises do sangue), case directamente debaixo do outeiro/península de Il Belvedere, onde se atopa o Giardino Botanico Ponziano un xardín botánico cunha vila e os restos dun castelo. Estas grutas son populares destinos turísticos para visitar soamente en barco.

Durante a época romana, Nerón César, o irmán máis vello de Calígula, foi deportado a Ponza, no ano 29, e no 30 foi condenado á morte na illa. Dúas das súas irmás, Agripina (nai do emperador Nerón) e Xulia Livia foron exiliadas a Ponza no ano 39 pola súa complicidade nun complot para derrocar a Calígula. Elas foron chamadas a Roma no ano 41. Xulia Livia tiña unha mansión chamada Palazzo Giulia (Pazo de Xulia), construído especialmente para ela en Ponza. Os restos son aínda visibles. Unha mansión similar co mesmo nome tamén foi construída na próxima Ventotene para a filla exiliada do emperador Augusto, Xulia a Maior.

 
Vista dunha das baías máis belas, situada na zona de Le Forna.

Idade Media e Idade Moderna editar

Ponza foi abandonada durante a Idade Media debido ás constantes incursións de sarracenos e piratas. En 1552, a frota Otomá baixo o mando de Turgut Reis (coñecido como Dragut no Oeste) derrotou a frota española de Carlos I baixo o mando do famoso almirante xenovés Andrea Doria preto de Ponza.

Dende o século XVIII editar

Durante o século XVIII, o Reino de Nápoles recolonizou a illa. Converteuse en parte do Reino de Italia no século XIX e agora é parte da República de Italia. Debido ao seu illamento, foi destinada a servir como colonia penal por diversos réximes. Durante as dúas décadas de fascismo, Ponza e a próxima Ventotene, serviron como prisión para os opositores políticos do réxime de Benito Mussolini. O líder de Etiopía Ras Immiru, quen foi capturado polo exército italiano en 1936, foi encarcerado nunha casa en Santa Maria. Mussolini mesmo foi encarcerado na illa durante varias semanas logo de ser derrocado e detido en 1943.

A illa é coñecida pola tráxica historia de Lucia Rosa, quen no século XIX se botou ao mar Tirreno, ao verse obrigada a casar cun home contra a súa vontade. Ela é considerada por moitas mulleres de todo o mundo como unha mártir dos dereitos da muller e o símbolo dos dereitos humanos.

 
A praia máis popular de Ponza, Chiaia di Luna.

Hai uns anos,[cando?] enxeñeiros que traballaban nun túnel romano que conectaba a parte do porto de Ponza co barrio de Santa Maria, utilizaron explosivos para cavar unha canle próxima en lugar das ferramentas manuais que debían empregar e a explosión destruíu esta galería romana de 2.100 anos de idade.

A finais do verán e principios do outono de 2007, seis "aquanautas" pasaron dúas semanas de vida baixo a auga da costa de Ponza, rompendo todos os outros rexistros.[Cómpre referencia]

Xeografía editar

Ponza é a maior das Illas Ponziane, xunto a Gavi son os restos do bordo da caldeira dun volcáns extinto, cunha superficie de 7´3 quilómetros cadrados. Ponza ten aproximadamente 7´3 quilómetros de longo por 2,3 km na súa parte máis ancha. É unha illa con forma de media lúa cunha gran praia chamada Spiaggia di Chiaia di Lúa (Praia de Media Lúa) e algunhas praias pequenas; ten unha costa rochosa na súa maioría de caolín e rocha de toba. Ten moitas formacións rochosas naturais estrañas: unha semella un monxe, outra parécese a un par de pantalóns de traballo xigantes (Spaccapurpo ou Arco Naturale O Spaccapolpi), unha horta de flores, fungos e outra parece un cabaleiro. Tamén hai farallóns, columnas xigantes no mar feitas de rocha sólida. Conta con varias localidades pequena, entre elas Commune di Ponza, Santa María e Le Forna. Ponza a miúdo confúndese coas illas próximas como Ischia e Capri, agás que Ponza non ten actividade volcánica.

Clima editar

Datos climáticos para Ponza (1971–2000, extremos 1946–presente)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 17,4 20,0 22,0 22,4 28,2 31,8 37,2 35,6 32,6 27,3 23,4 19,6 37,2
Media máxima en °C 12,1 12,1 13,5 15,7 20,3 24,5 27,4 28,0 24,6 20,3 16,0 13,2 19,0
Media diaria en °C 10,4 10,3 11,4 13,3 17,5 21,4 24,2 25,0 22,0 18,3 14,2 11,7 16,6
Media mínima en °C 8,8 8,4 9,3 11,0 14,8 18,4 21,1 21,9 19,4 16,2 12,5 10,0 14,3
Temperatura mínima en °C −2,0 −0,5 −2,6 2,8 7,8 10,2 13,4 15,0 11,5 7,0 2,2 0,6 −2,6
Precipitación media mm 64,2 63,2 40,5 40,4 20,3 17,2 13,3 18,1 65,4 109,2 111,3 76,2 639,3
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 7,9 7,2 6,2 6,6 3,5 2,0 0,9 2,1 5,1 8,0 9,0 8,7 67,2
Humidade relativa media (%) 75 74 75 77 77 74 73 75 76 77 73 74 75
Fonte: Servizio Meteorologico (humidade 1961–1990)[1][2][3]


Administración e vilas editar

A illa de Ponza forma con Zannone (deshabitada), Palmarola (habitada só no verán) e Gavi (habitada por unhas poucas persoas no verán) a Comuna de Ponza (9´87 km², con 3107 habitantes).

A vila principal e o concello atópanse na cidade de Ponza, situada na parte central sur, na costa leste. Cerca do centro de Ponza atópanse Guarini, Giancos, I Conti e Santa Maria, mentres que ao norte atópanse as vilas de Campo Inglese e de Le Forna.

 
Cala Feola.

Economía editar

A cidade de Ponza é un porto pesqueiro e mercante con grandes peiraos que poden acoller buques de gran tamaño. A súa maior industria é o turismo seguido da construción e a reparación de barcos e a pesca. É accesible en coche por transbordador e os peóns poden viaxar ao continente en hidroplanos de alta velocidade.

As catro minas que se atopan no extremo norte, a zona máis bela da illa, pecháronse en 1975 pola Axencia de Protección Ambiental italiana, debido a que extracción mineira destruía a fauna e a flora, que inclúen especies ameazadas. Eran minas de caolín e bentonita. Ponza ten unha estrada que vai do norte ao sur, pero é válida soamente para coches pequenos. A pista de aterraxe prevista no norte da illa foi cancelada, debido a problemas ambientais.

Notas editar

  1. "Ponza/Isola Di (LT)" (PDF). Atlante climatico. Servizio Meteorologico. Consultado o 19 May 2015. 
  2. "STAZIONE 280 Ponza: medie mensili periodo 61 - 90". Servizio Meteorologico. Consultado o 19 May 2015. 
  3. "Ponza: Record mensili dal 1946" (en Italian). Servizio Meteorologico dell’Aeronautica Militare. Consultado o 19 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar